Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de abril de 2024

    O club bilbaíno afronta o desafío de integrar o éuscaro en todas as súas actividades co obxectivo de preservar esta lingua, así como fortalecer a súa identidade cultural. Para iso lanzou un plan estratéxico para fomentar o uso do éuscaro cun horizonte temporal de catro anos no que se propoñen nove estratexias.

    Fonte: Bilbao Hiria

    15 de abril de 2024

    A organización a prol do gaélico irlandés, Conradh na Gaeilge, recusou pagar unha factura de auga ao non recibir as comunicacións deste servizo na lingua vernácula. A organización argumenta que ten o dereito a recibir toda a información de servizos públicos en lingua gaélica.

    Fonte: The Journal

    15 de abril de 2024

    Mentres que reciben financiamento as academias das diferentes linguas minorizadas do Estado, catalán, éuscaro e galego, e mesmo o asturiano que non ten o status de oficialidade, óbviase destinar unha partida ao aragonés, declarado pola Unesco como lingua en perigo de extinción.  

    Fonte: Ara Info

    15 de abril de 2024

    A Cámara Municipal de Coímbra (Portugal), a Asociación Portugal Brasil 200 Anos e o Senado do Brasil asinaron un acordo de cooperación que pon o foco na valorización, recoñecemento e difusión da lingua portuguesa.

    Fonte: Agência Senado

    15 de abril de 2024

    A Asociación Galega de Produtoras Independentes e a Xunta impulsan este programa para a difusión de producións galegas e en lingua galega entre o alumnado de Educación Secundaria mediante un catálogo de 14 títulos que se complementan con coloquios cos profesionais do sector.

    Fonte: Agapi

    15 de abril de 2024

    A Sementeira é un espazo web deseñado “para a innovación do xornalismo e da comunicación en galego” no que se poden atopar os traballos escritos e audiovisuais elaborados polo alumnado da Facultade de Ciencias da Educación.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    12 de abril de 2024

    O primeiro ministro de Francia, Gabriel Attal, manifestouse proclive a lexislar e traballar conxuntamente con outros países francófonos para defender a lingua francesa nas redes sociais.

    Fonte: POLITICO

    12 de abril de 2024

    A maioría dos grupos parlamentarios que integran a Comisión Lexislativa de Educación, Investigación, Cultura, Xuventude e Deporte pecharon o texto do Proxecto de lei da lingua propia e oficial do Principado de Andorra. 

    Fonte: Fòrum

    12 de abril de 2024

    A liña de axudas para a incorporación do catalán ao ámbito dos videoxogos está dotada de 400 000 euros e busca promover a presenza desta lingua en contidos descargables de videoxogos DLC, en interfaces de consolas e en plataformas de distribución.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    12 de abril de 2024

    A liña de axudas para a incorporación do catalán aos xogos de mesa, cuxo obxectivo é promover a dispoñibilidade de xogos nesta lingua, conta cunha dotación de 150 000 euros.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder