UNICEF e o Centro Estoniano de Desenvolvemento Internacional (ESTDEV, polas súas siglas en estoniano) asinaron un acordo de colaboración para fortalecer o ensino bilingüe na primeira infancia en Xeorxia.
Fonte: UNICEF
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
UNICEF e o Centro Estoniano de Desenvolvemento Internacional (ESTDEV, polas súas siglas en estoniano) asinaron un acordo de colaboración para fortalecer o ensino bilingüe na primeira infancia en Xeorxia.
Fonte: UNICEF
O xulgado do contencioso administrativo de Santiago de Compostela dá a razón á Mesa pola Normalización Lingüística e anula a sanción de 600 euros que lle fora imposta a un veciño de Rianxo por esixir ser atendido en galego nun centro de saúde.
Fonte: Galicia Confidencial
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña suspende o decreto que pretendía situar o catalán como a lingua vehicular no ensino non universitario e endurecer os requisitos de coñecemento da lingua por parte do profesorado.
Fonte: El País
O Instituto Real da Cultura Amazig de Marrocos acaba de lanzar unha plataforma gratuíta en liña para a aprendizaxe da lingua amazig ou bérber. A ferramenta está pensada para persoas que se inicien no coñecemento da lingua.
Fonte: MSN
O escritor Adrián Pérez Bote gañou, co apoio unánime do xurado, a oitava edición do Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 anos coa súa novela Baixo o ceo de xeo.
Fonte: Culturagalega.gal
A Secretaría de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña actualizou o recurso didáctico dos Dictats en línia con 52 novos exercicios para practicar a ortografía da lingua catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Nun acto conmemorativo do aniversario da Festa da Oficialidade, o presidente de Asturias, Adrián Barbón, instou a protexer as linguas propias, o asturiano e o eonaviego para evitar a súa desaparición.
Fonte: Principado de Asturias
A empresa emerxente da Universidade de Anveres, Textgain, está traballando na creación dun modelo de linguaxe a grande escala que permitirá detectar o discurso de odio en todas as linguas oficiais da Unión Europea.
Fonte: Eureporter
Diferentes voces da Rexión Autónoma do Tíbet lamentaron que as autoridades chinesas prohibiran o uso da lingua tibetana na rede social Duoyin, o equivalente chinés á plataforma TikTok.
Fonte: Phayul
A Universidade de Vigo deu luz verde á creación do Instituto de Investigación da Lingua, o primeiro no ámbito das humanidades e integrado por un total de 40 investigadores e investigadoras.
Fonte: Atlántico
Subscríbase ao boletín