Morre aos 88 anos de idade o máis célebre escritor en lingua albanesa, Ismail Kadaré.
Fonte: The Guardian
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Morre aos 88 anos de idade o máis célebre escritor en lingua albanesa, Ismail Kadaré.
Fonte: The Guardian
A cidade chinesa de Macau acollerá en 2026 un encontro da Asociación das Universidades de Lingua Portuguesa (AULP, polas súas siglas en portugués). Neste encontro haberá representantes do ensino superior dos países lusófonos.
Fonte: Notícias ao Minuto
O Goberno vasco convoca por segunda vez o premio Kiroletik Bagoaz Euskaraz, destinado a recoñecer boas prácticas que fomenten o uso do éuscaro no deporte. O galardón premia persoas, asociacións ou grupos que traballen pola normalización do éuscaro neste ámbito.
Fonte: Gobierno Vasco
O Concello de Errenteria aprobou as directrices para o uso do éuscaro e o castelán no período 2023-2027 e quere fomentar o uso do éuscaro en comunicacións cidadás e trámites administrativos.
Fonte: Errenteria Udala
Un libro de banda deseñada, publicado pola Universidade de Vigo, relata a historia da lingua galega a través de fitos importantes, usando imaxes de Idoia de Luxán. A obra destaca a evolución do galego desde o seu nacemento ata a actualidade, subliñando períodos de esplendor e crise.
O secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, participou no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, nunha homenaxe a Francisco Asorey no 63 aniversario do seu pasamento.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, acolleu a presentación da primeira coroación canónica en galego na diocese de Lugo. O evento terá lugar o próximo 9 de setembro, en Quiroga, cando está prevista a presentación dos deseños que engalanarán a Virxe dos Remedios da Ermida.
A División das Tecnoloxías Dixitais (DITEDI), en colaboración coa ARLeF (Axencia Rexional para a Lingua Friulana), está traballando na creación dun sistema de síntese e recoñecemento vocais en friulano, un proxecto que permitirá cumprir o plan xeral de política lingüística da rexión italiana Friúl-Venecia Xulia.
Fonte: FriuliOggi.it
A poeta mineira Adélia Prado é a vencedora do Premio Camões, o máis importante galardón da literatura escrita en portugués. A autora recibira tamén o Premio Machado de Assis da Academia Brasileira de Letras.
Fonte: Notícias ao Minuto
O Servizo de Éuscaro lanzou catro programas para fomentar o coñecemento e o uso do éuscaro entre a infancia e a mocidade nos que participarán preto de 1000 menores.
Fonte: DonostiTik
Subscríbase ao boletín