Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de xullo de 2024

    O Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, acolleu a presentación da XIV edición do Castro Galaico-Festival de Nogueiró, organizado polo Grupo Canto D’Aqui e o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    09 de xullo de 2024

    O secretario xeral da Lingua Galega, Valentín García, participou en Ribeira na inauguración do curso A lingua galega no século XXI: desafíos e fronteiras organizado pola Universidade de Verán da Universidade de Santiago de Compostela, onde destacou a necesidade de “analizar a situación dos idiomas e da lingua galega nos novos contextos comunicativos nos que nos atopamos hoxe en día”.

    09 de xullo de 2024

    Despois de recibir multitude de queixas a través da Plataforma pola Lingua, a empresa sueca Ikea restaurou o uso do catalán no seu sitio web que suprimira no pasado mes de abril.

    Fonte: El Confidencial Digital

    09 de xullo de 2024

    O Goberno Vasco, a través da súa lei 17/2023, eleva a un B2 o nivel de éuscaro para o alumnado que remate o ensino secundario obrigatorio. A medida entrará en vigor o próximo curso académico.

    Fonte: Gasteiz Hoy

    09 de xullo de 2024

    O Concello de Bilbao deu inicio á campaña Euskaraz Barra-Barra para impulsar o uso social do éuscaro no comercio e na hostalaría.

    Fonte: Bilbao.eus

    09 de xullo de 2024

    A Real Academia Española (RAE) publicou Crónica de la lengua española 2023-2024 que está dedicada al mestizaje y a la interculturalidad.

    Fuente: Diario de Cádiz

    08 de xullo de 2024

    A Comisión Europea outórgoulle á empresa de orixe báltica Tilde financiamento para que desenvolva solucións de intelixencia artificial para linguas europeas de poucos falantes como, por exemplo, o lituano e o letón.

    Fonte: LRT

    08 de xullo de 2024

    Unha organización benéfica de simpatizantes do gaélico manés, a lingua vernácula que se falaba na Illa de Man, restaurará unhas vivendas agrícolas do sur da illa para destinalas a un centro de aprendizaxe do idioma.

    Fonte: BBC

    08 de xullo de 2024

    O investigador e reitor da Universidade de Santiago de Compostela entre 1984 e 1990, Carlos Pajares Vales, recibiu o premio Lois Peña Novo que recoñece o compromiso de persoas e institucións coa promoción da lingua galega.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    06 de xullo de 2024

    O Centro de Idiomas da Universidade de León acollerá o Curso de Verán de Lingua e Cultura Españolas en que participan preto dun centenar de estudantes internacionais procedentes dunha importante selección de países como, por exemplo, Casaquistán, India, Senegal, Marrocos, Rusia, Palestina, Estados Unidos ou Singapur.

    Fonte: Ileón

     

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder