Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de abril de 2024

    A Mesa do Congreso convocou o concurso para a adxudicación dun contrato, cuxo prezo máximo se fixou en 12,5 millóns de euros ata 2027, de servizos de tradución, interpretación, transcrición e subtitulado en directo ao castelán das intervencións que se realicen en linguas cooficiais na Cámara Baixa.

    Fonte: Galicia Confidencial

    03 de abril de 2024

    Ambas as institucións asinaron un convenio cuxa finalidade é dotar de contido a Wikipedia en éuscaro. Así, a Universidade Pública de Navarra fomentará a participación do profesorado, para que colabore co alumnado na produción de textos de calidade nesta lingua, mentres que a asociación prestará apoio técnico e asesoramento.

    Fonte: Universidad Pública de Navarra

    03 de abril de 2024

    A Xunta de Galicia e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas convocan a XIII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas, destinado a poñer en valor o patrimonio lingüístico e cultural galegos desde o ensino.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    03 de abril de 2024

    Ambas as institucións continuarán coa súa colaboración coa sinatura dun  convenio para ampliar o proxecto ‘Modo galego, actívao!’ aos primeiros niveis da ESO ata o ano 2026, tras os bos resultado obtidos na experiencia piloto deste programa de dinamización lingüística alén das aulas.

    02 de abril de 2024

    O Ministerio de Educación de Kirguizistán anunciou a aprobación dunha lei que obrigará as escolas primarias a impartiren o 50 % do tempo en kirguiz.

    Fonte: AKIpress

    02 de abril de 2024

    A feira de innovación e tecnoloxía Campus Party Brasília presentou a Nheengatu App, primeira aplicación dedicada ao ensino dunha lingua indíxena brasileira, o nheengatu.

    Fonte: G1

    02 de abril de 2024

    Estes galardóns literarios e artísticos, que recoñecen as mellores obras en nove disciplinas, teñen como obxectivo impulsar o uso e a promoción das linguas propias de Asturias.

    Fonte: Gobierno del Principado de Asturias

    02 de abril de 2024

    O Pleno do Concello de Palma aprobou que o catalán deixe de ser un requisito para traballar no consistorio, unha norma que afectará tanto ao persoal do Concello como ao das empresas municipais.

    Fonte: Diari de la Llengua

    02 de abril de 2024

    O ciclo «A lingua galega no cinema», que se desenvolverá nos meses de abril e maio en seis sesións, ten como obxectivo poñer en valor a presenza do galego no sector audiovisual.

    Fonte: Universidade de Vigo

    02 de abril de 2024

    Co gallo do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, a versión en liña do Dicionario da Real Academia Galega incorpora unha modificación na definición deste trastorno do desenvolvemento neurolóxico.

    Fonte: Real Academia Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder