Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    28 de xuño de 2024

    Suecia está introducindo cambios na súa política migratoria que implican un endurecemento para conseguir a cidadanía. Entre outras medidas, a ministra de Migración declarou que o exame de coñecemento de lingua sueca pasará a ser obrigatorio.

    Fonte: Schengen News 

    28 de xuño de 2024

    Na actualidade existen arredor de 250 intérpretes en toda a provincia canadense do Quebec e hai estimacións que indican que se precisaría dobrar esta cifra para facer fronte á demanda.

    Fonte: CTV News

    28 de xuño de 2024

    A ferramenta de tradución Google Translate incorporou agora un total de 110 novas linguas á súa base de datos de tradución automática asistida por intelixencia artificial. 

    Fonte: The Verge

     

     

    28 de xuño de 2024

    O III Xacobeo Pádel Tour, circuíto deportivo que se desenvolve nas provincias da Coruña e Pontevedra, presentouse o 27 de xuño en Santiago de Compostela.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    28 de xuño de 2024

    A Fundación Castelao, en colaboración coa Fundación Uxío Novoneyra e a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, presentou unha edición conmemorativa dos 40 anos do retorno de Castelao a Galicia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    27 de xuño de 2024

    O Censo de entidades de fomento da lingua catalá alcanzou este ano as 361 entidades, co que duplica o crecemento medio dos últimos anos. Das 361, 200 son do ámbito cultural; 46 de integración social; 42 do ámbito profesional, laboral e empresarial; 36 de mocidade, lecer e deporte; 23 de fomento da lingua; e 13 de ciencia e tecnoloxía.

    27 de xuño de 2024

    O Consello de Goberno da Universidade de Lleida (UdL) aprobou o Plan de linguas 2024-2026, para reforzar o catalán como lingua oficial e institucional, fomentar o uso das linguas oficiais en Cataluña e promover o plurilingüismo na comunidade universitaria. O plan inclúe accións como axudas para materiais docentes en catalán, a publicación de webs institucionais en occitano e a incorporación da lingua de signos en actos institucionais.

    27 de xuño de 2024

    Finaliza cunha gala conducida por Maria Lado e Xurxo Souto a primeira edición da campaña «Falemos + Galego», unha iniciativa impulsada por 13 centros de ensino da Costa da Morte.

    Fonte: Que Pasa na Costa

    27 de xuño de 2024

    «Implicados co galego» é o lema da campaña que cada curso desenvolve este centro cun dobre obxectivo: o impulso do uso do galego e o apoio ao pequeno comercio. Para iso, distribuirán seis modelos de bolsas da compra entre os establecementos comerciais da cidade.

    Fonte: La Voz de Galicia

    26 de xuño de 2024

    O Goberno de Bolivia, un dos grandes impulsores do Ano Internacional das Linguas Indíxenas da ONU, está traballando na creación dun instituto que velará pola promoción e difusión das súas linguas indíxenas.

    Fonte: TRT

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder