Xa está dispoñible para a súa descarga o documento coas conclusións dos XXV Encontros para a Normalización Lingüística no sitio web do Consello da Cultura Galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Xa está dispoñible para a súa descarga o documento coas conclusións dos XXV Encontros para a Normalización Lingüística no sitio web do Consello da Cultura Galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Entre as actividades de formación que convoca a Escola Galega de Administración Pública, figura un curso de redacción de documentos técnico-xurídicos en galego, na modalidade de teleformación.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da sétima edición do festival de poesía “Alguén que respira!”, impulsado polo Concello de Santiago co apoio da Xunta de Galicia e da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
O Coleg Cymraeg, institución responsable de crear cursos e recursos en galés no País de Gales, presentou na Universidade de Bangor a bolsa Cronfa Llŷr, destinada a alumnado que curse estudos en lingua galesa.
Fonte: Nation Cymru
A última reforma do dicionario do Instituto da Lingua Estoniana (EKI, polas súas siglas en estoniano) causa fondas desavinzas entre lingüistas do país báltico polo seu enfoque lexicográfico.
Fonte: ERR
A plataforma dixital Ingura ofrecerá a posibilidade de aprender éuscaro desde calquera dispositivo, en calquera momento e lugar, de forma cómoda e flexible a través de exercicios baseados en vídeos. Así mesmo, permitirá un modelo titorizado moderno adaptado ás necesidades de aprendizaxe actuais.
A RAE está inmersa na segunda fase do proxecto LEIA na que se desenvolverán ferramentas, tecnoloxías e aplicacións para a proxección e o uso do español no ámbito da intelixencia artificial que se traducirá na creación dun observatorio de neoloxismos, tecnicismos, termos e variacións do español, e doutras ferramentas, como reposta a consultas lingüísticas, entre moitas outras.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración da exposición «8 libros 8 mulleres que cambiaron o mundo», que desenvolve a Universidade de Santiago de Compostela (USC) co apoio da Xunta de Galicia para visibilizar o legado das mulleres na literatura universal.
A empresa de ferrocarrís británica London North Eastern Railway (LNER, polas súas siglas en inglés) anunciou que vai habilitar avisos en lingua de signos en maior número de estacións para lles facilitar o transporte ás persoas xordas ou con dificultades auditivas.
Fonte: Rail Advent
O Consello Portugués das Persoas Refuxiadas creou un caderno con fichas de exercicios e metodoloxías para axudar na integración de persoas procedentes doutros países que non falen portugués.
Fonte: Renascença
Subscríbase ao boletín