O presidente de Casaquistán, Kasim-Jomart Tokayev, anunciou que a nova lei dos medios de comunicación garantirá o incremento do número de horas de lingua casaca na radio e na televisión.
Fonte: Azernews
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O presidente de Casaquistán, Kasim-Jomart Tokayev, anunciou que a nova lei dos medios de comunicación garantirá o incremento do número de horas de lingua casaca na radio e na televisión.
Fonte: Azernews
Destinaranse 6000 euros durante o 2024 para fomentar o uso e a presenza do éuscaro no sector comercial, hostaleiro e de servizos de Vitoria-Gasteiz. As axudas permitiranlles aos establecementos cubrir gastos como a tradución ao éuscaro das súas páxinas web, a rotulación exterior dos negocios, os gastos relacionados con diagnósticos e avaliacións sobre o uso do idioma, entre outros.
A colaboración entre a Unión de Federacións Deportivas Vascas e o Goberno vasco é crucial para promover o uso do éuscaro no deporte, un ámbito clave para impulsar o idioma entre as xeracións novas. Dezasete federacións, o que supón o 35% do total, comprometéronse dende 2022 co acordo para o fomento desta lingua. As medidas inclúen diagnósticos lingüísticos ou formación para adestradores e monitores de deporte escolar.
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación da versión 4.1 do Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA), unha ferramenta lingüística en liña desenvolvida polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e representativa do uso lingüístico do galego actual.
A Xunta de Galicia e a Fundación Repsol veñen de poñer en marcha unha nova edición do Premio Narrativa Breve en lingua galega. A que será a décimo oitava edición deste galardón ponse en marcha tras a reunión mantida entre o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e a xerente de Relacións Institucionais de Fundación Repsol, Mercedes Gómez.
O Consello Municipal pola Lingua Catalá, que se constituirá no pleno municipal do 28 de xuño, busca fomentar a participación cidadá e das entidades para impulsar o uso do catalán e mellorar a cohesión social. Este órgano promoverá a lingua catalá en diversos ámbitos municipais e garantirá a súa oficialidade en Terrassa.
O comité de empresa do Concello de Galdakao concentrouse para denunciar unha sentenza que considera "discriminatoria" a esixencia do perfil lingüístico para un posto de técnico/a de inserción sociolaboral, pois retira o coñecemento do éuscaro deste posto.
Fonte: EITB
A empresa galardoada na primeira edición deste premio foi a asesoría IPR Xestión. Con este recoñecemento o alumnado do centro pretende visibilizar os establecementos do municipio que usan o galego nos carteis, na atención ao público, na publicidade ou nas redes sociais.
Fonte: La Voz de Galicia
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou co presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, no acto celebrado no Centro Social de Dumbría para recoñecer o traballo do autor Modesto García Quintáns, tras realizar unha doazón de 8000 microtopónimos que se incorporan á plataforma Galicia Nomeada.
A Universidade Nacional de Arte Diego Quispe Tito de Cuzco e a prestixiosa Academia Maior da Lingua Quechua asinan un acordo de colaboración co obxectivo de fomentar a investigación, estudo e difusión da lingua quechua.
Fonte: Gob.pe
Subscríbase ao boletín