Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de marzo de 2024

    A Generalitat de Cataluña presentou o programa, acompañado dunha proposta didáctica, da lingua de signos catalá do nivel básico (A2) no que se definen as competencias lingüísticas e comunicativas.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    11 de marzo de 2024

    Estes galardóns recoñecen os mellores traballos gravados, subtitulados ou dobrados ao aragonés. Na categoría xeral o premio foi para Luz de setiembre e na escolar, para Pende de ros 2/Depende de los 2.

    Fonte: El Cruzado

    11 de marzo de 2024

    O Goberno de Cataluña destinará 6,9 millóns de euros, a dotación máis elevada da historia, ás subvencións de dobraxe e subtitulación en catalán co obxectivo de chegar a máis espectadores e de que esta lingua estea presente nas principais plataformas dixitais.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    11 de marzo de 2024

    Un total de 234 estudantes do IES Concepción Arenal de Ferrol participan, entre o 11 e o 22 de marzo, no Desafío galego, unha iniciativa pola que se comprometen a usar a lingua galega e a galeguizar as redes sociais.

    Fonte: Galicia Confidencial

    08 de marzo de 2024

    Ante a probable aprobación dunha lei que permita a creación de universidades privadas en Grecia, as universidades públicas de Atenas e Tesalónica estanse a mobilizar para que se manteña o requisito que obriga o estudantado estranxeiro a coñecer o grego moderno para cursar estudos universitarios.

    Fonte: Ekathimerini

    08 de marzo de 2024

    Por primeira vez na historia da Asemblea de Irlanda do Norte, unha comisión parlamentaria recibe un testemuño en gaélico irlandés. A intervención foi interpretada simultaneamente ao inglés.

    Fonte: BBC

    08 de marzo de 2024

    Ao abeiro desta conmemoración, celébranse as XVI Xornadas Martín Sarmiento e preséntase o primeiro Dicionario do Galego do Bierzo. Así mesmo, farase entrega do IV Premio Antonio Fernández Morales.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    08 de marzo de 2024

    Un estudo elaborado na Universidade de Texas revela que o tamaño e composición do núcleo familiar pode influenciar o desenvolvemento lingüístico das persoas.

    Fonte: Neoroscience

    08 de marzo de 2024

    O Ministerio de Educación e Lingua Galesa do Goberno de Gales financiará o lanzamento da plataforma Darllen Co que fomentará a comprensión lectora en lingua galesa. O recurso tamén está pensado para que as familias poidan axudar os seus fillos e fillas a ler en galés.

    Fonte: Llywodraeth Cymru/Welsh Government

    07 de marzo de 2024

    Esta iniciativa ten como obxectivo a promoción da regueifa entre a cidadanía e consistirá nunha competición por parellas que se desenvolverá nos establecementos de hostalaría que se sumen á actividade como colaboradores.

    Fonte: Concello de Carballo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder