Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de xuño de 2024

    O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu ao Festival Aquí tamén se fala, impulsado polo Instituto IES Rafael Dieste para promover o uso do galego.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    07 de xuño de 2024

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no acto de entrega dos VI Premios de Podcast Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos contos.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    07 de xuño de 2024

    A Asemblea Nacional de Francia aprobou unha proposición de lei que obrigará os centros educativos a ofrecer o ensino das linguas rexionais nos territorios de ultramar. O obxectivo é combater o abandono escolar.

    Fonte: Diario de la Llengua

    07 de xuño de 2024

    O número de inscricións nos exames oficiais de catalán aumenta un 17 % en Andorra. A aprobación recente da lei da lingua propia fixo disparar o interese por aprender o idioma do país.

    Fonte: Diari de la Llengua

    06 de xuño de 2024

    María José Ginzo, profesora da USC, gañou o III Premio Sociedade Internacional de Humanidades Dixitais Hispánicas-Fundación BBVA pola súa tese 'Técnicas estatísticas en xeolingüística. Modelización onomástica', que explora novos métodos estatísticos para estudar a onomástica.

    06 de xuño de 2024

    A Xarxa Vives, que agrupa 22 universidades do dominio lingüístico catalán, alertou do risco que pode supor a proposición de lei educativa para o valenciano.  

    Fonte: Diari de la Llengua

    06 de xuño de 2024

    Este galardón internacional que outorga Red Hat recoñece o seu labor no desenvolvemento do proxecto de tradutor neuronal Itzuli.

    Fonte: Gobierno Vasco

    05 de xuño de 2024

    Casaquistán vai modificar a súa política migratoria coa intención de pedirlles unha proba de lingua ás persoas que queiran adquirir a nacionalidade. Esta medida forma parte dos esforzos que o país está facendo para fomentar o uso e protección da lingua casaca.

    Fonte: Eurasianet

    05 de xuño de 2024

    Portugalete acolle unha nova edición do Mintzodromo, organizado polo Concello e os euskaltegis do municipio, que ten como obxectivo ofrecer unha oportunidade máis para falar en éuscaro.

    Fonte: Radio Popular

    05 de xuño de 2024

    Unha vintena de rapaces e rapazas, do case medio cento que estudan galego no Instituto Cañada Blanch de Londres, están a visitar Galicia a través do programa Viaxe da Lingua 2024, co que colabora a Xunta a través das secretarías xerais da Lingua e de Emigración.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder