Un estudo publicado na revista Brain and Language revela que a situación de pobreza na infancia pode ter un impacto negativo á hora de procesar e desenvolver os contidos lingüísticos.
Fonte: Psypost
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un estudo publicado na revista Brain and Language revela que a situación de pobreza na infancia pode ter un impacto negativo á hora de procesar e desenvolver os contidos lingüísticos.
Fonte: Psypost
Este campus lingüístico está dirixido ao alumnado de educación infantil e primaria nado entre os anos 2012 e 2020 e busca facilitar unha alternativa de lecer educativo en galego.
Fonte: Concello de Fene
As concelleiras e concelleiros de todas as agrupacións de Ames comprometéronse a empregar o galego polo menos durante tres semanas en todos os ámbitos da vida, no marco do proxecto “Modo galego, actívao!”.
Fonte: Concello de Ames
A Asociación Empresarial de Blumenau, no municipio do mesmo nome do estado brasileiro de Santa Catarina, organiza a Semana da Lingua Alemá. Trátase dunha iniciativa creada en 2016 polas embaixadas de Alemaña, Austria, Bélxica, Luxemburgo e Suíza para promover o uso do alemán como lingua comunitaria no Brasil.
Fonte: Portal Menina
O Goberno municipal continúa cos trámites para modificar o nome oficial do concello, polo que un grupo de entidades e partidos organizou unha campaña que inclúe un manifesto para buscar apoio ao mantemento do topónimo actual.
Fonte: El Nacional
O último número da colección da Biblioteca de Cultura Tradicional Zamorana, titulado El Lumbreiru, inclúe tradicións orais da provincia en risco de desaparición.
Fonte: Zamora News
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo terá entrada gratuíta todos os sábados e domingos até o 31 de agosto.
Fonte: Gazeta de S.Paulo
Estes galardóns, cuxo obxectivo é impulsar o proceso de normalización lingüística nas administracións públicas, nas institucións e na sociedade en xeral, teñen xa gañadores para a 28ª edición: o Concello de Carballo; a xefa de servizo de Traballo Social da EOXI de Vigo María Jesús Lago; e o catedrático da USC Carlos Pajares.
A Xunta de Galicia publica dúas convocatorias públicas para cubrir sete bolsas de formación en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas e cinco prazas nos lectorados de universidades de fóra de Galicia.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O grupo de investigación Estilos-Griles traballa na elaboración do primeiro corpus anotado da lingua de signos española, que se ampliará nos próximos anos con gravacións para coñecer como aprenden e usan esta lingua nenas, nenos e adolescentes xordos.
Fonte: Universidade de Vigo
Subscríbase ao boletín