Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de maio de 2024

    O número de alumnos e alumnas de orixe estranxeira non deixa de medrar en Portugal. A grande maioría deste alumnado frecuenta escolas públicas onde o número total de horas dedicadas ao ensino do portugués non supera as cinco semanais.

    Fonte: SIC Notícias

    27 de maio de 2024

    A deputada do Congreso de Deputados de México, Salomón Durán, pide reformar a Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas para prohibir o uso de anglicismos e estranxeirismos en comunicados oficiais.

    Fonte: Cámara de Diputados

    27 de maio de 2024

    O colectivo Perquè visquin les nostres llengües, que aglutina entidades que traballan a prol do uso das linguas minorizadas no Estado francés, convoca unha serie de mobilizacións por toda Francia para pedir a modificación do artigo 2 da Constitución francesa que impón o francés como "lingua da República".

    Fonte: Diari de la Llengua

    27 de maio de 2024

    Como cada ano, a Xunta de Galicia está a realizar as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga) dos niveis 1, 2, 3 e 4, correspondentes á primeira convocatoria anual, tanto en Santiago de Compostela como en Ponferrada. Ademais, dado que estas probas inclúen un exame oral e que reúnen un número relevante de persoas interesadas, constitúen un marco ideal para a recollida e cesión voluntaria de voces en galego coas que poder colaborar co Proxecto Nós.

    27 de maio de 2024

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no acto de entrega do Premio a Galeguidade Empresarial, organizado polo Foro Enrique Peinador, á empresa Embutidos Lalinenses nas súas instalacións en Lalín.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    24 de maio de 2024

    Co obxectivo de fomentar o plurilingüismo, a Secretaría de Cultura de México, por medio do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (Inali), publicou a Convocatoria 2024 de Banda Deseñada en Linguas Indíxenas Nacionais.

    Fonte: Publishnews

    24 de maio de 2024

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu á xornada do XXI Festival de Cine de Cans, no Porriño, que se desenvolve nesta edición do 21 ao 25 de maio.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    24 de maio de 2024

    O Plan de normalización do uso do éuscaro ten como obxectivo garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía e permitir as comunicacións co Concello en calquera das linguas oficiais.  

    Fonte: Ayuntamiento de Vitoria-Gasteiz

    24 de maio de 2024

    As compañías presentes neste foro coñeceron as experiencias de 28 empresas e axentes económicos e abordaron os pasos que se deben dar para impulsar o uso do éuscaro a partir destas boas prácticas.

    Fonte: Gobierno Vasco

    24 de maio de 2024

    O xurado do XV Premio Rosalía de Castro de Lingua, que convoca a Deputación da Coruña, recoñeceu na edición deste ano o labor da escritora, sociolingüista, política e profesora Pilar García Negro; o movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega; e o proxecto «Aquí tamén se fala», promovido polo IES Rafael Dieste.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder