Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de maio de 2024

    O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu na Cidade da Cultura á gala dos III Premios escolares Dígocho Eu 2024 na que animou a todo o mundo a participar “na gran festa da palabra que son as Letras Galegas”.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    20 de maio de 2024

    A asociación a favor da lingua galesa, Cymdeithas yr Iaith, alertou da necesidade de garantir o cumprimento das políticas en apoio á lingua galesa ante a ruptura do acordo de cooperación en materia lingüística entre o partido Plaid Cymru e o goberno.

    Fonte: Morning Star

    20 de maio de 2024

    Un proxecto de ensino da lingua de signos portuguesa venceu un dos orzamentos participativos do municipio portugués de Ponte da Barca. A iniciativa recibirá o apoio financeiro de cinco mil euros.

    Fonte: O Minho

    17 de maio de 2024

    A manifestación do 17 de maio, convocada pola plataforma Queremos Galego, a favor do uso da lingua galega, comezou na Alameda de Santiago e chegou ata a praza da Quintana.

    Fonte: Galicia Confidencial

    17 de maio de 2024

    A Facultade de Letras e a Unidade de Innovación Educativa da Universidade do Porto oferta na plataforma de ensino en liña edX a segunda edición do Curso Online Aberto e Masivo (MOOC, polas súas siglas en inglés) de Iniciación á Lingua Portuguesa entre o 6 de maio ao 31 de xullo.

    Fonte: Notícias Universidade do Porto

    17 de maio de 2024

    O Ministerio de Cultura do Perú, en colaboración co Municipio de San Juan de Lurigancho, ofrece un curso gratuíto de lingua quechua para principiantes que se enmarca na Política Nacional de Linguas Orixinarias e Tradición Oral até 2040.

    Fonte: La República

    16 de maio de 2024

    O Consello Superior de Investigacións Científicas presentou «Mentes curiosas, curiosas mentes»,  un proxecto editorial que inclúe recursos científicos nas diferentes linguas oficiais do Estado dirixidos ao alumnado de primaria e secundaria.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    16 de maio de 2024

    O Plan de uso do éuscaro (2023-2027) sinala catro retos para estes anos: xestión xeral do éuscaro, liderado, cláusulas lingüísticas e lingua de creación.

    Fonte: Diputación Foral de Gizpuzkoa

    16 de maio de 2024

    Desde o mes de maio, o galego e o éuscaro forman parte da lista de idiomas dispoñibles nas audioguías da Sagrada Familia, que ata o momento se ofrecía en 17 linguas.

    Fonte: Sagrada Familia

    16 de maio de 2024

    “Levade a cultura e a lingua galega sempre con vós”, transmitiulles o secretario xeral da Lingua, Valentín García, ás mozas e mozos do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder