Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de maio de 2024

    A enquisa sociolingüística "Tire fûr la lenghe" ("Bota fóra a lingua") revelou que un total de 444 mil persoas de Friúl-Venecia Xulia e do Veneto oriental falan friulano.

    Fonte: Rai News

    24 de maio de 2024

    Un informe elaborado pola Oficina da Lingua Francesa do Quebec (OQLF, polas súas siglas en francés) revela que o uso do francés no Quebec está diminuíndo, sobre todo entre as persoas novas.

    Fonte: Global News

    23 de maio de 2024

    A asociación Sortzen Gurasoak creou o buscador Jauzi.eus co obxectivo de fomentar o uso do éuscaro no tempo de lecer. Esta web inclúe a oferta de actividades extraescolares de oitos centros de Infantil e Primaria e catro concellos.

    Fonte: Noticias de Navarra

    23 de maio de 2024

    O ciclo Coa Nosa Voz, que se celebrará na Coruña os días 2, 9, 23 e 30 de xuño, inclúe as actuacións de Guadi Galego, Antía Muiño, Uxía e Ugía Pedreira, todas elas mulleres de referencia no panorama da música en galego.

    Fonte: Deputación da Coruña

    23 de maio de 2024

    Os concellos de menos de 50 000 habitantes e entidades culturais sen fins de lucro da provincia de Pontevedra poden solicitar ata o 27 de maio axudas para actividades de dinamización da lingua galega.

    Fonte: Deputación de Pontevedra

    22 de maio de 2024

    Ningún dos 221 centros públicos das Illas Baleares vai adherirse ao Plan piloto de libre elección de lingua impulsado polo Goberno do arquipélago.  

    Fonte: Diari de la Llengua

    22 de maio de 2024

    O Centro de Arte de Nova York acolleu as actividades que conmemoraron o Día da Lingua Irlandesa que se celebra na cidade norteamericana desde hai xa 15 anos.

    Fonte: Irish Star

    22 de maio de 2024

    Esta asociación organiza un programa de aprendizaxe do galego en liña impartido pola docente Carolina Silva Arandia con diferentes modalidades: clases de galego grupais, encontros de conversa en liña e clases de alfabetización.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    22 de maio de 2024

    A enquisa do Eurobarómetro, recentemente publicada pola Comisión Europea, revela que nos últimos anos se produciu unha melloría das habilidades lingüísticas da cidadanía europea. Segundo o estudo, 3 de cada 5 europeos pode ter unha conversa noutra lingua diferente á materna e case a metade dos enquisados fala inglés como segunda lingua.

    Fonte: Travel Tomorrow

    21 de maio de 2024

    A pesar do declive do uso do galés nas zonas onde historicamente había máis falantes, os datos dun novo censo revelan que se produciu un incremento no número global de falantes en toda Escocia, grazas en gran medida ás escolas de inmersión en vernáculo.

    Fonte: BBC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder