Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de febreiro de 2024

    A iniciativa, que se desenvolve ao abeiro dos programas Berbontzi e MintzaOn, está dirixida a alumnado de primaria. O obxectivo é que nenos/as e adolescentes dispoñan de posibilidades de usar o éuscaro e relacionarse nesta lingua fóra do ámbito escolar.

    Fonte: Tele 7

    09 de febreiro de 2024

    Os cursos AISA de acollida lingüística para persoas inmigrantes maiores de 16 anos teñen como obxectivo iniciarse na aprendizaxe do éuscaro. A súa duración é de 60 horas e son de balde.

    Fonte: Durangon

    09 de febreiro de 2024

    O Consello da Cultura Galega presenta Papés d'emprenta condenada (III) Novos textos, reflexións finais, o terceiro volume dunha triloxía que trata o momento no que o galego superou o ámbito do popular e comezou a entrar na prensa, a política e a literatura.

    Fonte: Culturagalega

    09 de febreiro de 2024

    O certame Ciencia Calidade, que chega á súa terceira edición, ten como obxectivos fomentar a divulgación en galego e contribuír á formación das persoas que apostan por esta lingua para divulgar ciencia.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    08 de febreiro de 2024

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, asistiron á cerimonia de entrega do XXVII Premio de narrativa Arcebispo Juan de San Clemente, impulsado polo IES Rosalía de Castro co apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades co obxectivo de promover o ámbito lector entre a rapazada, así como a riqueza de coñecer varias linguas.

    08 de febreiro de 2024

    O presidente da Asociación de Medios en Galego (Amega) o secretario xeral de Política Lingüística presentaron as diferentes actividades para celebrar o XI aniversario do Día dos Medios en Galego: roteiros xornalísticos, unha guía didáctica para o profesorado sobre medios nesta lingua e un evento musical para reivindicar o seu uso.

    08 de febreiro de 2024

    «No em racialitzis, parla'm en català. Drets lingüístics universals» é o título desta actividade que ten como obxectivo concienciar os falantes de catalán das razóns que os levan a falar unha determinada lingua e dos beneficios de manter o catalán con todo tipo de interlocutores.

    Fonte: Universitat Autònoma de Barcelona

    08 de febreiro de 2024

    O Concello de Durango, Dendak Bai e Landue presentaron un decálogo para incrementar o uso do éuscaro nos establecementos comerciais e hostaleiros, así como nas empresas de servizos.  

    Fonte: Ayuntamiento de Durango

    08 de febreiro de 2024

    O presidente da Real Academia Galega recolleu o Premio da Cultura Galega 2023 de Proxección Exterior, concedido aos Cursos de lingua e cultura galegas «Galego sen fronteiras».

    Fonte: Real Academia Galega

    08 de febreiro de 2024

    O Grupo de Investigación de Románicas da Universidade de Santiago está a estudar os nomes de persoas e lugares que aparecen nas Cantigas de Santa María para crear un dicionario e unha base de datos dixitais.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder