Trátase dunha nova edición de Bótalle un conto, un certame de contos orais en galego que ten como obxectivo prestixiar e visibilizar a variedade e a riqueza da lingua oral.
Fonte: Concello de Pontevedra
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Trátase dunha nova edición de Bótalle un conto, un certame de contos orais en galego que ten como obxectivo prestixiar e visibilizar a variedade e a riqueza da lingua oral.
Fonte: Concello de Pontevedra
A canle sueca de utilizade pública SVT informou de que o concurso de Eurovisión 2024 incluirá unha crónica en dúas variedades de linguas saami: en saami de Inari e en saami meriodional.
Fonte: Eurovoix News
O Consello de Cornualles solicitoulle formalmente ao Goberno do Reino Unido que conceda máis protección para a lingua córnica. A petición realizouse cando se facían dez anos do recoñecemento do córnico como minoría nacional.
Fonte: BBC
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude acaba de conceder axudas a 20 editoriais para a tradución de 83 obras, tal e como se publica no Diario Oficial de Galicia (DOG). En total, a orde de axudas destinaba 200 000 euros a esta convocatoria co obxecto de favorecer que as obras galegas se editen noutras linguas ao tempo que se fomenta a tradución.
O Concello de Ames e a Real Academia Galega organizan a segunda edición do proxecto «Modo galego, actívao!» que presenta como novidades a incorporación das dúas escolas infantís municipais e o reforzo da oferta de accións formativas.
Fonte: Concello de Ames
O Boletín Oficial de Navarra publicou unha convocatoria de axudas, que conta cun orzamento de 505 000 euros, dirixida a entidades sen ánimo de lucro destinadas a fomentar o éuscaro e a súa presenza social en 2024.
Fonte: Gobierno de Navarra
En total, publicáronse 257 novos termos cataláns normalizados entre os que destacan polo seu número os dedicados á economía e á empresa; á enerxía e ao medio natural; á comunicación, á informática e ás TIC; e á zooloxía.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación da reedición da novela As chaves do tempo, de Luísa Villalta, a escritora, docente e música a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, entregoulle ao Centro Integrado de FP CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2024 sobre a figura da homenaxeada Luísa Villalta este 17 de maio, na modalidade de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Réxime Especial.
Segundo establece a nova Lei de Inmigración, o Goberno de Letonia ampliará o requisito de realizar unha proba de coñecementos de lingua letoa a un grupo de 5000 cidadáns rusos.
Fonte: ENG LSM
Subscríbase ao boletín