Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de maio de 2024

    No marco da Estratexia de Intelixencia Artificial 2024, celebrouse unha primeira xuntanza das entidades implicadas no Convenio de Gobernanza para Xerar Modelos e Corpus para unha infraestrutura pública de Modelos de Linguaxe na que asinaron un convenio.

    Fonte: La Moncloa

    14 de maio de 2024

    Un total de 13 centros de educación secundaria da Costa da Morte veñen desenvolvendo desde o mes de marzo a campaña de dinamización lingüística «Falemos + galego», que pecharán o vindeiro 20 de xuño cunha gala que se celebrará en Cee.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    14 de maio de 2024

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu á presentación do informe anual do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    13 de maio de 2024

    Un estudo realizado por un equipo do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT, polas súas siglas en inglés) revela que o modo de comunicar dos cachalotes é moito máis expresivo e complexo do que se sabía até o momento.

    Fonte: MIT Technology Review

    13 de maio de 2024

    A asociación Ciutadana Alsaciana recolle máis de 1600 sinaturas para denunciar a marxinación da lingua alsaciana e manda unha carta ao presidente Emmanuel Macron para reclamar a súa revitalización.

    Fonte: Diari de la Llengua

    13 de maio de 2024

    Estes plans de xestión lingüística garantirán que as persoas usuarias sexan atendidas na lingua da súa elección e que se respecten os seus dereitos lingüísticos.

    Fonte: VilaWeb

    13 de maio de 2024

    Esta convocatoria de axudas, que conta cun orzamento de 2 700 000 euros, está destinada a entidades promotoras de euskaltegis e gau-eskolas que ensinan éuscaro a persoas adultas.

    Fonte: Gobierno de Navarra

    13 de maio de 2024

    O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou as subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios. Trátase dunha liña de axudas destinada á edición de materiais en formato impreso ou dixital á que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude achega durante este ano 200 000 euros.

    13 de maio de 2024

    A Consellería de Lingua, Cultura e Xuventude colabora un ano máis coa Carreira Camiño das Letras, unha proba cultural e deportiva impulsada por Xurdir que ten por obxectivo celebrar as Letras Galegas e poñer en valor o Camiño de Santiago a través do deporte.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    10 de maio de 2024

    Lingly.ai é unha aplicación de recente creación que ten como obxectivo que as persoas estranxeiras afincadas en Romanía poidan aprender a lingua romanesa.

    Fonte: Romania Insider

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder