Grazas ao apoio do Centro da Lingua Maltesa do Goberno de Malta, a coñecida serie de debuxos animados Peppa Pig contará agora con versión dobrada en maltés.
Fonte: Malta Today
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Grazas ao apoio do Centro da Lingua Maltesa do Goberno de Malta, a coñecida serie de debuxos animados Peppa Pig contará agora con versión dobrada en maltés.
Fonte: Malta Today
Olentzerori eskatu nion, de Amaia San Sebastián, converteuse no proxecto gañador da nova axuda para impulsar a produción de curtametraxes de xénero fantástico en éuscaro que se entregou no marco do Festival de Cine Fantástico – FANT, organizado polo Concello de Bilbao.
O Servizo Vasco de Saúde lanza esta campaña na que convida os profesionais sanitarios a escoller o éuscaro como lingua de preferencia a través dunha aplicación na que poderán rexistrar o idioma, o que lles permitirá facer unha mellor oferta de servizos.
Fonte: Gobierno Vasco
O programa «Maio, mes da lingua» conta cunha ampla e diversa oferta cultural e festiva para celebrar as Letras Galegas, que este ano homenaxean a Luísa Villalta: música, actividades infantís, teatro, certame de narración oral...
Fonte: Concello de Pontevedra
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, xunto cos xerentes da área de Servizo Público e de Prestacións de Servizos de Renfe en Galicia, Alberto Martínez e Moisés Durán, respectivamente, presentaron na Coruña as accións acordadas para a promoción da figura de Luísa Villalta, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano.
A Oficina da Lingua Sarda da provincia de Oristano, na Sardeña, anunciou a celebración de cursos de adquisición e perfeccionamento de sardo para funcionariado e a cidadanía en xeral.
Fonte: Comune di Cabras
A pesar de que o Goberno de Estonia ten como requisito que o profesorado certifique o seu nivel de lingua estoniana para facer fronte á transición cara a lingua vernácula no ensino, de momento moi poucos docentes realizaron o exame de certificación, feito que preocupa o Ministerio de Educación.
Fonte: ERR
No acto de benvida a novos residentes, destacouse a importancia da atención sanitaria en catalán aos pacientes e repartiuse entre os asistentes a Guia fàcil per parlar en català amb els pacients.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A convocatoria de axudas para aprender éuscaro a través de clases presenciais ou en liña conta cun orzamento de 55 000 euros e busca fomentar a participación cidadá nos cursos de aprendizaxe e perfeccionamento desta lingua.
Fonte: Pamplona Actual
O Proxecto de Regulamento de Cooficialidade Lingüística do Municipio de Elx establece a cooficialidade do valenciano e castelán e que ambas as linguas se empregarán nos documentos municipais, acordos, toponimia etc.
Fonte: Ayuntamiento de Elche
Subscríbase ao boletín