Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de maio de 2024

    O ministro da Lingua Francesa do Quebec, Jean-François Roberge, anunciou a implantación dun plan de 603 millóns de dólares que, durante 5 anos, fortalecerá e promocionará a lingua francesa.

    Fonte: Global News

    03 de maio de 2024

    Os ministerios de cultura de diferentes países nórdicos asinaron unha declaración conxunta que garantirá a protección e fortalecemento das súas comunidades lingüísticas, desde o noruegués, sueco, islandés e finés, até o dinamarqués, saami, feroés e groenlandés. Tamén se inclúen nesta declaración as linguas de signos e as linguas de minorías que levan anos afincadas na rexión nórdica.

    Fonte: Nordic Co-operation

    03 de maio de 2024

    Itzuli é un tradutor automático neuronal baseado na intelixencia artificial capaz de realizar traducións de gran calidade do éuscaro ao castelán, francés e inglés. Agora opta a un premio de carácter internacional promovido por Red Hat cuxa votación xa está aberta.

    Fonte: Gobierno Vasco

    03 de maio de 2024

    O Nomenclátor Xeográfico da Toponimia Oficial de Asturias inclúe 16 641 localizacións. Dos 78 municipios asturianos, 63 contan coa relación de topónimos.

    Fonte: RTPA

    03 de maio de 2024

    O Programa Anduriña é unha iniciativa para a alfabetización e inserción sociocultural da poboación inmigrante empadroada en Silleda que inclúe aulas de aprendizaxe de lingua castelá e de lingua galega.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    03 de maio de 2024

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visitaron o alumnado de primaria, secundaria e bacharelato do Bierzo adscrito ao Programa de promoción do galego que está a pasar estes días no albergue xuvenil As Sinas, en Vilanova de Arousa.

    03 de maio de 2024

    O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, puxo como exemplo para as xeracións máis novas o “compromiso coa terra, coa lingua e coa cultura” da homenaxeada este ano co Día das Letras Galegas, a escritora, música e docente Luísa Villalta.

    03 de maio de 2024

    O presidente da Cámara Municipal de Bragança anunciou que a execución das obras do Museo da Lingua Portuguesa está a sufrir un considerable atraso.

    Fonte: Jornal de Notícias

    03 de maio de 2024

    O ministro de Estado das Gaeltacht, ou zonas de fala gaélica, anunciou a implantación do programa Céad Míle Fáilte que permitirá que as persoas migrantes poidan aprender a lingua vernácula para se integraren mellor nos seus lugares de acollida.

    Fonte: The Irish Post

    02 de maio de 2024

    Estas instrucións establecen os criterios de uso do asturiano e o eonaviego na Administración autonómica e teñen como obxectivo difundir a pluralidade lingüística do Principado e garantir los dereitos lingüísticos da cidadanía, así como fomentar o uso das linguas propias.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder