Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de maio de 2024

    A Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP, polas súas siglas en portugués) propuxo en Lisboa sete medidas aos observadores consultivos da organización para que se faga todo o posible por promover e fortalecer o uso e recoñecemento do portugués a nivel internacional.

    Fonte: Executive Digest

    21 de maio de 2024

    Esta mobilización reclamáballe ao Goberno vasco un cambio nas políticas sobre cultura e sector audiovisual para que se sitúe o éuscaro no centro, así como unha oferta ampla, actualizada e atractiva de contidos nesta lingua en plataformas, EiTB ou cinemas.

    Fonte: NoticiasDe

    21 de maio de 2024

    «Posa-hi tu l’accent» é o nome deste festival que se celebrará entre os días 27 e 29 de setembro e que pretende reunir e poñer en valor o conxunto de variantes dialectais do catalán.  

    Fonte: Diari de la Llengua

    21 de maio de 2024

    O Día da Galeguidade Empresarial conmemorará este ano o 75 aniversario da creación da empresa Embutidos Lalinense e porá en valor a súa aposta pola galeguización da actividade empresarial e da etiquetaxe dos seus produtos.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    21 de maio de 2024

    A campaña «En galego, sen límites!» é unha iniciativa que ten como obxectivo normalizar o uso desta lingua en amplos sectores sociais e supón a primeira de moitas accións previstas para fomentar o seu uso no día a día da poboación.  

    Fonte: Concello de Arzúa

    21 de maio de 2024

    A V Festa do Apego inclúe maxia, contos con música, xogos, concertos, teatro de monicreques, obradoiros e moitas máis actividades. Esta celebración enmárcase no proxecto Apego que promove a transmisión do galego como lingua inicial nas familias.

    Fonte: Concello de Ames

    20 de maio de 2024

    Segundo os datos do Instituto Navarro de Estatística, correspondentes a 2022, o 15,1 % da poboación navarra fala éuscaro; o 11,3 %, enténdeo; e o 73,3 %, nin o fala nin o entende.  

    Fonte: EITB

    20 de maio de 2024

    Familias de Pamplona percorreron as rúas da cidade nunha manifestación convocada por Iruñeko Euskalgintza para demandar unha educación en éuscaro desde a etapa preescolar.

    Fonte: Pamplona Actual

    20 de maio de 2024

    A Xunta centra os actos principais de celebración do Día das Letras Galegas na Coruña, cidade natal da homenaxeada Luísa Villalta, coa inauguración dunha exposición na Casa do Concello.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    20 de maio de 2024

    Esta axencia puxo en marcha nas redes unha campaña para reivindicar con retranca e sentido crítico un uso correcto do galego na que recompilan mensaxes, correos electrónicos e todo tipo de comunicacións en galego mal escritas que traducen ao castelán.

    Fonte: Código Cero

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder