Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de maio de 2024

    Segundo este anuario, elaborado por Acción Cultural Española, no ámbito audiovisual son escasos os contidos en linguas minoritarias, malia que a directiva europea de medios audiovisuais obriga os países da UE a garantir unha oferta de, polo menos, un 30 %.

    Fonte: Galicia Confidencial

    29 de maio de 2024

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, estivo o sábado 25 de maio no Auditorio Municipal da Ramallosa, en Teo, para participar no acto de entrega de distincións "Fillos e fillas adoptivos de Teo”.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    29 de maio de 2024

    Destinarase unha partida de 478 000 euros para o programa de axudas aos concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais da provincia da Coruña para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística.

    Fonte: Deputación da Coruña

    28 de maio de 2024

    O Goberno vasco destinará 200 000 euros a esta convocatoria para dotar as aulas destes centros de equipamentos tecnolóxicos como encerados dixitais e proxectores.

    Fonte: Gobierno Vasco

    28 de maio de 2024

    Para o deseño do Plan estratéxico de éuscaro de Basauri organizouse un proceso de participación veciñal, cun cuestionario do que se recibiron 65 respostas e catro mesas de traballo ás que acudiron 40 persoas, así como dinámicas específicas para a mocidade.

    Fonte: Ayuntamiento de Basauri

    28 de maio de 2024

    Destinaranse 2,2 millóns de euros a esta convocatoria, 200 000 máis que á do ano pasado. O obxectivo do programa Lanhitz é incrementar o uso e a presenza do éuscaro nos centros de traballo do sector privado.

    Fonte: Gobierno Vasco

    28 de maio de 2024

    Trátase dunha convocatoria para a elaboración e edición dixital de quince títulos da colección Unidades didácticas USC e outra para doce títulos da colección Esenciais USC.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    28 de maio de 2024

    O lingüista portugués Fernando Venâncio segue a derrubar prexuízos sobre a lingua portuguesa no seu libro Assim nasceu uma língua: Sobre as origens do português, recentemente editado no Brasil. O autor desafía a visión tradicional e revela que o portugués deriva do galego.

    Fonte: VEJA

    28 de maio de 2024

    O ensino da lingua inglesa está en alza no Xapón grazas á proliferación de escolas bilingües por todo o país. O obxectivo é conseguir que a próxima xeración de xaponeses fale inglés con fluidez.

    Fonte: Japan Times

    28 de maio de 2024

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación do partido de fútbol que disputará a Selección Galega fronte a Panamá o venres, 31 de maio, ás 20,00 horas en Balaídos. Durante o acto deuse a coñecer a colaboración da Xunta coa cita deportiva que abrangue, entre outras accións, actividades complementarias relacionadas coa promoción do uso do galego.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder