Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de xuño de 2024

    Un lingüista e catedrático da Universidade de Islandia, Eiríkur Rögnvaldsson, criticou a tendencia a mudar ao inglés para comunicar coas persoas inmigradas xa que isto lles impide aprender a lingua vernácula e acceder a oportunidades no país de acollida.

    Fonte: Reykjavik Grapavine

    04 de xuño de 2024

    Tras a perda de vixencia do anterior plan 2022-2024, o novo ampliarase ata o 2034, para o que se busca a participación cidadá a través de dúas canles: grupos de interese e recollida de achegas de forma telemática e en caixas de correo.

    Fonte: Ayuntamiento de Tolosa

    04 de xuño de 2024

    Comboi é o nome desta nova emisora que ofrece unha selección musical en valenciano e que combina clásicos con temas máis actuais.

    Fonte: Marina Alta

    04 de xuño de 2024

    Os Premios Mil Primaveras teñen como finalidade difundir e poñer en valor proxectos de fomento da lingua galega que incrementen o seu uso e prestixio.

    Fonte: Premios Mil Primaveras

    04 de xuño de 2024

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, anunciou o reforzo das políticas lingüísticas da Xunta para tirar proveito das potencialidades que ten o neofalantismo e fomentar o uso da nosa lingua entre a mocidade. Fíxoo en resposta a unha pregunta no Parlamento de Galicia na que concretou que se fará a través dun convenio coa Universidade de Santiago dotado con 80 000 € que recolle unha serie de actuacións ao longo de tres anos.

    04 de xuño de 2024

    Nos próximos días, a primeira remesa de estudantes universitarios que realizaron os seus estudos integramente en inglés rematará o grao de Arqueoloxía, Historia e Grecia Antiga pola Universidade de Atenas. Ademais deste programa de estudos, existen outros tres programas impartidos en inglés, o que demostra o interese crecente que existe en Grecia por potenciar a internacionalización do ensino universitario por medio da lingua estranxeira.

    Fonte: Ekathimerini

    04 de xuño de 2024

    O Goberno de Portugal presentou o novo plan de acción para as migracións que prevé a revisión dos procedementos e o fortalecemento dos medios para o ensino do portugués como lingua non materna.

    Fonte: SIC Notícias

    03 de xuño de 2024

    Unha organización non gobernamental do norte da India crea unha escola na localidade de Dharamsala para que os fillos e fillas de familias tibetanas que viven na India poidan aprender e preservar a lingua e cultura tibetanas.

    Fonte: Radio Free Asia

    03 de xuño de 2024

    A actualización do directorio sobre o catalán e as tecnoloxías da linguaxe amosa un incremento significativo do número de produtos e servizos dixitais que inclúen esta lingua.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    03 de xuño de 2024

    Este proxecto universitario analiza as causas da continuidade e o abandono do alumnado dos cursos de catalán do CPNL a partir do estudo da traxectoria de 450 000 estudantes desta entidade.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder