Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de xuño de 2024

    Como cada 6 de xuño desde 2010, as Nacións Unidas celebran o Día Internacional da Lingua Rusa con motivo do aniversario do nacemento do grande poeta ruso Alexander Pushkin.

    Fonte: UNESCO

    10 de xuño de 2024

    A Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) pediu medidas de accesibilidade lingüística para que as persoas xordas poidan usar libremente a lingua de signos, recibir educación e ser atendidas nela.

    Fonte: Siglo XXI

    10 de xuño de 2024

    O centro tecnolóxico Neiker premiará por noveno ano consecutivo a divulgación científica do primeiro sector nos Premios CAF-Elhuyar. Co lema "konta(kta)tu", anímase a profesionais e afeccionados a compartir os seus coñecementos en éuscaro.

    Fonte: Gobierno Vasco

    10 de xuño de 2024

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no municipio pontevedrés de Cambados no acto de recepción como membro de horna da Real Academia Galega de Takekazu Asaka.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    10 de xuño de 2024

    O secretario xeral da lingua, Valentín García, acompañou na Cidade da Cultura o alumnado que estuda galego no Instituto Cañada Blanch de Londres e que está a visitar Galicia no marco do programa Viaxe da Lingua 2024.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    07 de xuño de 2024

    Un total de 343 persoas fixeron o exame de idioma portugués nas probas nacionais de acceso á universidade dos EUA e isto convérteo na segunda lingua máis demandada nestas probas, despois do ruso.

    Fonte: RTP Madeira

    07 de xuño de 2024

    A nova lei en materia lingüística 'Lei 96', aprobada na provincia canadense de Quebec, segue a levantar polémica. O estudantado indíxena da provincia quere estar exento dos requisitos en lingua francesa desta lei ao argumentar que "está pondo en risco a súa educación".

    Fonte: APTN News

    07 de xuño de 2024

    O Goberno vasco avanza na oficialización do éuscaro na Unión Europea, enviando un informe sobre a situación do idioma e solicitando que o IATE se vincule co banco de datos terminolóxicos Euskalterm. Esta solicitude foi acompañada de cartas a autoridades españolas e europeas detallando a capacidade do éuscaro para cumprir os compromisos da oficialidade.

    07 de xuño de 2024

    Un estudo da Enquisa de Servizos Municipais de Barcelona de 2023 revela que o uso do catalán na cidade caeu ao 36,5 %, unha porcentaxe semellante ao 36,1 % do total de Cataluña, segundo a Enquisa de Usos Lingüísticos de 2018. O uso do catalán descendeu progresivamente desde o 49 % en 1989 ata o 37 % en 2023.

    07 de xuño de 2024

    Rinoceronte Editora lanzou un novo dicionario en liña, complementario aos existentes, para recoller termos recentes, localismos, castelanismos, estranxeirismos e vocabulario específico ou minoritario non incluído na RAG ou no Digalego. Con mil entradas iniciais, prevé actualizacións diarias para abranguer o léxico das súas publicacións.

    Fonte: Praza.gal

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder