No marco do Decenio Internacional das Linguas Indíxenas (2022-2032), a Unesco está levando a cabo, na Amazonia Peruana, un proxecto de revitalización das linguas indíxenas ikitu, kukama kukamiria e taushiro, as tres en perigo de extinción.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Universidade do País Vasco aprobou un novo plan de éuscaro, que estará vixente ata 2027. Os obxectivos principais inclúen o impulso do éuscaro na oferta de posgraos, o uso social da lingua e a dixitalización. Este plan estrutúrase en catro eixes: formación, investigación e transferencia, cultura e sociedade, e persoas.
Este convenio de colaboración conta cunha partida orzamentaria de 65 000 euros. O acordo financiará actividades de impulso, estudo e investigación do éuscaro, e analizará valores compartidos sobre a súa promoción entre a cidadanía de Navarra.
O Concello de Moaña organiza unha nova edición do Festichío, un festival de música e xogos dirixido a público infantil e familiar que se celebra o venres 14 de xuño.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O presidente da Cámara de Representantes de Marrocos, Rachid Talbi Alami, e a ministra de Transición Dixital e Reforma Administrativa, Ghita Mezzour, asinaron un acordo para garantir a promoción real da lingua bérber ou tamazight, segundo idioma oficial do país africano.
Fonte: Morocco World News
A presenza do catalán nas buscas de Google aumentou significativamente e alcanzou o 56% das buscas nesta lingua. Isto foi consecuencia dun cambio de algoritmo aplicado por Google en agosto de 2023, que mellorou a interpretación das intencións das persoas usuarias.
Fonte: Diari de la Llengua
O organismo público de radiodifusión en Islandia RÚV anunciou o lanzamento do novo servizo de lingua islandesa RÚV Orð para fomentar a aprendizaxe da lingua vernácula.
Fonte: Iceland Review
O Concello de Bilbao está a finalizar o diagnóstico sobre a situación do éuscaro na cidade cun proceso participativo este mes de xuño. Tras aprobar en 2014 o Plan de Acción para a Promoción do Éuscaro (ESEP), agora busca definir retos e liñas estratéxicas futuras. O proceso culminará cunha sesión de participación cidadá e unha enquisa en liña para recoller opinións e suxestións da veciñanza.
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na entrega de premios da 15ª edición do Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto de Galicia onde destacou a importancia de impulsar iniciativas como esta que promoven o uso da lingua, nomeadamente entre a mocidade.
A cidade galesa de Cardiff acollerá un encontro internacional que reunirá comisarios e comisarias de linguas en diferentes países para explorar os beneficios de lexislar a favor dos idiomas vernáculos.
Fonte: Nation Cymru
Boletín
Subscríbase ao boletín


