Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de marzo de 2024

    As autoridades checas decidiron cumprir cos compromisos da Carta Europea das Linguas Rexionais e Comunitarias e estender o ensino da lingua alemá en diferentes niveis educativos nas rexións de Cheb, Karlovy Vary, Sokolov, Liberec, Ústí nad Labem, Český Krumlov, Opava e Svitavy.

    Fonte: Council of Europe

    15 de marzo de 2024

    O chanceler alemán, Olaf Scholz, é partidario de establecer un sistema que permita avaliar o nivel de habilidade en lingua alemá en todas as escolas.

    Fonte: The Local

    14 de marzo de 2024

    A décimo sexta edición do Congreso Internacional sobre Procesamento Computacional do Portugués (PROPOR-2024) ten lugar en Galicia por primeira vez na historia. Trátase  do evento principal no ámbito do procesamento da linguaxe natural e a intelixencia artificial arredor do portugués escrito e falado.

    14 de marzo de 2024

    Enreguéifate é unha iniciativa de difusión da improvisación oral en verso para contribuír á promoción do uso do galego. Na páxina web do proxecto xa se poden ver os doce vídeos gañadores nas diferentes categorías na edición de 2024.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    14 de marzo de 2024

    Este foro, que traballa para impulsar o uso do éuscaro nas empresas, celebrou un encontro para informar sobre as ferramentas dispoñibles para a promoción desta lingua, en concreto, sobre os servizos de asesoramento lingüístico ou as axudas existentes para a súa implantación.

    Fonte: Diputación Foral de Álava

    13 de marzo de 2024

    Aínda que o Parlamento Europeo establece que todos os documentos oficiais deben ser traducidos ás 24 linguas da UE para achegar as institucións á cidadanía, na práctica hai unha cláusula que non obriga a ofrecer servizo de tradución e interpretación en caso de que non haxa suficientes profesionais dispoñibles. Isto exclúe as linguas con poucos falantes como o gaélico irlandés e o maltés. O Parlamento Europeo decidiu agora estender esta cláusula até xuño de 2029.

    13 de marzo de 2024

    Un estudo elaborado no British Council e a Universidade Old Dominion nos EUA revela que o 60 % do profesorado de inglés considera que a intelixencia artificial (IA) e as ferramentas de tradución automática non porán en risco a aprendizaxe das linguas estranxeiras.

    Fonte: Human Resources Portugal

    13 de marzo de 2024

    Estes premios recoñecen persoas, entidades e empresas que destacan pola súa defensa ou promoción da lingua catalá. Escolleranse tres finalistas entre 115 candidaturas propostas.

    Fonte: Plataforma per la Llengua

    13 de marzo de 2024

    Organizado polo Instituto de Estudos Baleáricos (IEB) coa colaboración doutras entidades, este festival ten como obxectivo fomentar o uso do catalán entre a mocidade a través do cine anime e o cómic manga.

    Fonte: Diario de Mallorca

    13 de marzo de 2024

    O Validatón, que se celebrará o 19 de marzo, é un maratón de validación de fragmentos de voz en galego doados a Common Voice. Trátase dunha iniciativa enmarcada no Proxecto Nós e dirixida ao alumnado de todas as titulacións de Filoloxía .

    Fonte: Instituto da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder