Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de xullo de 2024

    O Goberno de Navarra abriu unha convocatoria para cubrir cinco prazas de tradutor/a de éuscaro mediante oposición, destinadas á Administración da Comunidade Foral e aos seus organismos autónomos. Dúas prazas son de libre concorrencia e tres están reservadas para funcionarios con cinco anos de antigüidade.

    02 de xullo de 2024

    Estes cursos celebran a súa trixésimo cuarta edición, que conta coa participación de máis de cincuenta estudantes de Europa, América e Asia. O programa inclúe clases de lingua e literatura galegas, excursións, visitas culturais e obradoiros.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    01 de xullo de 2024

    Por primeira vez, unha revista científica internacional, Nature Communications, publicou o resumo e sumario dun artigo en catalán. O estudo, liderado polo Centro de Regulación Xenómica, presenta unha nova metodoloxía para identificar e caracterizar xenes mediante a análise de secuencias de ARN. Este feito representa un fito histórico para a lingua e a ciencia catalás.

    01 de xullo de 2024

    O Congreso da República do Perú está debatendo actualmente o proxecto de lei  N° 8279/2021-CR que pretende incorporar o estudo da lingua quechua no currículo escolar. 

    Fonte: La República

    01 de xullo de 2024

    A Plataforma per la Llengua propón unha campaña para promover os dereitos lingüísticos no ámbito da saúde, dirixida a pacientes e profesionais sanitarios, unha proposta considerada como positiva polo Goberno balear.

    Fonte: Última Hora

    01 de xullo de 2024

    Un estudo elaborado pola empresa Léger revela que o 55% da cidadanía quebequesa quere que o Quebec sexa oficialmente bilingüe. Actualmente, o francés é a única lingua oficial desta provincia canadense.

    Fonte: CULTmtl

    01 de xullo de 2024

    Dez marcas de automóbiles ofrecen agora manuais de usuario en liña en catalán, co que se incrementou a cifra de 18 modelos en 2019 a 104 en 2024. A Generalitat de Cataluña está a traballar para ampliar a oferta nesta lingua nos produtos e servizos do sector do automóbil.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    01 de xullo de 2024

    Estes cursos de linguaxe administrativa galega en liña (niveis medio e superior) e mais os cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega (niveis Celga 2, 3 e 4) impartiranse nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    01 de xullo de 2024

    A Xunta de Galicia colabora con 20 proxectos editoriais para ampliar e diversificar os catálogos de obras de lectura fácil en galego. A través desta liña de axudas para libros en formato físico ou dixital, que vén de publicarse no Diario Oficial de Galicia, adxudicouse o financiamento para colaborar con 10 empresas editoriais diferentes.

    28 de xuño de 2024

    Un estudo realizado por unha axencia independente xaponesa revela que un total de 90719 persoas estranxeiras están estudando xaponés en escolas de linguas do Xapón, o que supón unha cifra récord.

    Fonte: Nippon

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder