A convocatoria de 2024 das probas de certificación de asturiano adaptadas ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas incorpora o primeiro de nivel básico, o A2, que se suma así ao B2 e ao C1.
Fonte: Asturies.com
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A convocatoria de 2024 das probas de certificación de asturiano adaptadas ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas incorpora o primeiro de nivel básico, o A2, que se suma así ao B2 e ao C1.
Fonte: Asturies.com
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da nova base de datos Fontes Textuais da Galicia Medieval (FONTEGAM), unha nova ferramenta en liña impulsada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades en colaboración co Instituto da Lingua Galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A nova edición do Galegote celébrase o 27 de abril, unha xornada para gozar da música en galego en directo e que ofrecerá 14 actuacións repartidas durante o día en varios establecementos.
Fonte: Concello de Pontevedra
Un estudo elaborado na Universidade de Tecnoloxía e Deseño de Singapur revelou que as persoas bilingües manteñen a axilidade mental dos seus cerebros durante máis tempo.
Fonte: Earth
Os modelos de intelixencia artificial Gervásio e Albertina, desenvolvidos pola Facultade de Ciencias da Universidade de Lisboa, foron actualizados para unha nova versión e seguirán xerando conversas e textos en portugués dun xeito máis avanzado.
Fonte: PCGuia
O ciclo de curtametraxes Laburbira comeza o 12 de abril en Bergara e remata o 12 de maio en Markina-Xemein, un mes no que se proxectarán oito películas.
Fonte: EITB
Este acordo servirá para que a multinacional IBM desenvolva modelos de intelixencia artificial que entendan e xeren textos en galego, éuscaro e catalán.
Fonte: Diario Tecnología
O xurado dos V Premios Mil Primaveras fixo públicos os catro proxectos gañadores desta edición pola súa promoción do galego: Aquí tamén se fala, CeibaRimas, Elos. Engánchate ao galego! e Recuncho Gamer.
Fonte: Premios Mil Primaveras
O Informe anual da Liña do Galego mostra que ao longo de 2023 se atenderon 650 consultas e se recibiron 450 queixas e 29 parabéns. As denuncias máis frecuentes están relacionadas con discriminacións lingüísticas e toponimia deturpada.
Fonte: Galicia Confidencial
Unha sondaxe realizada en Estonia revela que o 91 % da cidadanía estoniana se posiciona a favor de que o país promova un sistema educativo co estoniano como única lingua de instrución. Esta cifra baixa a un 50 % entre a cidadanía de orixe estranxeira.
Fonte: ERR
Subscríbase ao boletín