Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de abril de 2024

    Exército Mekemeke situouse entre os cinco finalistas dos Premios Ondas Globales del Podcast na categoría de mellor podcast en lingua cooficial do Estado, converténdose así no primeiro programa en galego en optar a estes galardóns.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    12 de abril de 2024

    O I Concurso de Edición da Galipedia, dirixido á comunidade universitaria, ten como obxectivo impulsar a creación e a difusión de artigos de calidade en galego en ámbitos como as matemáticas, a psicoloxía e algunhas enxeñerías.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    12 de abril de 2024

    Italia e Uzbekistán acordaron estreitar lazos no eido da educación ante o crecente interese dos uzbekos por aprender a lingua italiana.

    Fonte: Daryo

    12 de abril de 2024

    Unha enquisa realizada polo Ministerio de Educación e Ciencia de Letonia revelou que a maior parte das escolas letoas escollerían aprender alemán, francés e español en lugar de ruso.

    Fonte: ENG LSM

    11 de abril de 2024

    En total, os cines de Cataluña estrearán en catalán, na segunda metade do ano, once grandes producións cinematográficas de todos os xéneros, con especial presenza de filmes dirixidos a todos os públicos.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    11 de abril de 2024

    A campaña, cuxo lema é «Apúntome, apuntámos», ten como obxectivo impulsar a matriculación do alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato en lingua asturiana e en eonaviego.

    Fonte: Principado de Asturias

    11 de abril de 2024

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega dos galardóns do III Premio Otero Pedrayo para estudantes de ESO e Bacharelato, impulsados desde a fundación homónima co apoio da Xunta de Galicia co fin de fomentar entre a mocidade o coñecemento e o recoñecemento do autor ourensán.

    11 de abril de 2024

    De acordo cunha enquisa recente realizada por unha fundación educativa, o 68 % das persoas en Taiwán considera que as linguas vernáculas da illa están en perigo de desaparición.

    Fonte: Global Voices

    10 de abril de 2024

    O recente goberno constituído en Portugal promoverá a candidatura da lingua portuguesa como idioma oficial da ONU. A organización internacional conta actualmente con seis linguas oficiais: árabe, chinés, español, francés, inglés e ruso.

    Fonte: CNN 

    10 de abril de 2024

    A exposición itinerante Hitzak Lege, que poderá visitarse ata o 9 de maio, mostra textos en éuscaro que tiveron relevancia histórica no ámbito xurídico. Está organizada pola Academia da Lingua Vasca en colaboración cos parlamentos vasco e navarro, as tres xuntas xerais e a Universidade do País Vasco.

    Fonte: Universidad del País Vasco

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder