Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de abril de 2024

    Este plan inclúe 68 medidas para impulsar o uso do éuscaro en Vitoria-Gasteiz ata o ano 2028 e ten como obxectivo definir os retos en materia de lingua e establecer as liñas de traballo para cada ámbito: socioeconómico; lecer e tempo libre; educación e transmisión familiar; e euscaldunización de persoas adultas.

    22 de abril de 2024

    Esta convocatoria de axudas, dotada con 933 000 euros, servirá para financiar en 2024 programas que fomenten o uso e a promoción social do éuscaro en todos os ámbitos; incrementen o número de falantes; prestixien a lingua; e aumenten os servizos en éuscaro que ofrece a Administración.

    22 de abril de 2024

    A Real Academia Galega engadiu na última actualización do seu dicionario corenta voces, así como novas acepcións ou melloras na redacción doutras vinte entradas.

    Fonte: Real Academia Galega

    22 de abril de 2024

    A Xunta de Galicia fai pública a resolución da convocatoria de subvencións para a escrita de guións audiovisuais, unha nova liña de apoio ao sector lanzada por primeira vez este ano e a través da que o Goberno galego outorga 270 000 euros a 30 proxectos orixinais ou de adaptacións literarias que teñen como destino a produción de longametraxes cinematográficas ou de series para televisión.

    22 de abril de 2024

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da I edición do festival “Aquí tamén se fala”, impulsado polo IES coruñés Rafael Dieste co apoio da Xunta, o Concello e a Deputación da Coruña, entre outros.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    20 de abril de 2024

    A comisaria da Lingua Galesa, Efa Gruffudd, eloxiou o traballo e dedicación a favor do galés da ONG NSPCC Cymru.

    Fonte: Nation Cymru

    20 de abril de 2024

    Como cada ano, as Nacións Unidas conmemoran o 20 de abril en todo o mundo o Día Internacional da Lingua Chinesa.

    Fonte: The Quint

    19 de abril de 2024

    Benidorm vai converterse no epicentro do turismo accesible e inclusivo en España grazas a unha iniciativa que ten como obxectivo incrementar a escasa oferta de turismo adaptada ás necesidades da comunidade xorda.  

    Fonte: Diari de la DisCapacitat

    19 de abril de 2024

    Esta demanda do dereito a usar o galego en todas as comisarías de policía de Galicia prodúcese despois da queixa dunha veciña de Pontevedra que foi acusada por un axente de falta de respecto á autoridade por insistir no seu dereito a ser atendida nesta lingua.

    Fonte: Galicia Confidencial

    19 de abril de 2024

    O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, participaron no acto de entrega dos XIX Premios á Calidade Lingüística, uns galardóns promovidos pola USC co apoio da Xunta de Galicia co fin de impulsar o uso da lingua galega na elaboración e na defensa oral dos traballos desenvolvidos polo alumnado da universidade compostelá.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder