Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de abril de 2024

    O Programa Ulibarri de normalización lingüística está destinado a centros concertados de ensino non universitario. Trátase dunha convocatoria de axudas que ten como obxectivo axudalos a poñer en marcha proxectos para fomentar o uso do éuscaro na comunidade educativa.

    24 de abril de 2024

    Trátase dunha nova edición do programa «A Coruña das Letras» que inclúe unha serie de andainas por diferentes barrios da cidade guiadas polo músico e escritor Xurxo Souto.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    24 de abril de 2024

    O Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a décimo quinta edición deste certame dirixido a centros de ensino que ten como obxectivos fomentar o uso do galego e a creatividade audiovisual entre a mocidade, así como promover o traballo en equipo.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    23 de abril de 2024

    A Academia Valenciana da Lingua organiza dúas novas campañas para incrementar o uso do valenciano entre a poboación, especialmente entre a mocidade: “En valencià” e “Começa”.

    Fonte: Actualidad Valencia

    23 de abril de 2024

    Persoal investigador da Universidade de Alacant e a Universidade Oberta de Cataluña traballa para que asturiano, aragonés e aranés avancen nos sistemas de tradución automática nunha iniciativa denominada “Tradución a linguas romances de baixos recursos de España”.

    Fonte: Asturies.com

    23 de abril de 2024

    Un acordo entre Paraguai e Corea do Sur permitirá que o coreano se estude como segunda lingua estranxeira nas escolas secundarias paraguaias.

    Fonte: Aju Press

     

    23 de abril de 2024

    Por iniciativa da Organización das Nacións Unidas, o mundo celebra o Día da Lingua Chinesa co fin de crear unha ponte de intercambio cultural entre a China e o resto do mundo.

    Fonte: Global Times

    23 de abril de 2024

    Feiraco súmase á celebración do Día das Letras Galegas coa convocatoria da 12.ª edición do Certame de Microrrelatos Feiraco que ten como obxectivo fomentar a dinamización do galego e a creatividade literaria nesta lingua. Os relatos deberán ter 500 palabras como máximo, de temática libre, pero deben comezar coa frase “Púxenme a escoitar”.

    23 de abril de 2024

    A Xunta de Galicia acaba de lanzar a convocatoria da cuarta edición do programa de intercambio literario, que ten como obxectivo reforzar a proxección internacional das letras galegas.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    22 de abril de 2024

    Despois de 80 anos de uso do alfabeto cirílico, o mongol, lingua nativa de Mongolia, podería recuperar a súa escrita tradicional ou 'bichig'. O Goberno de Mongolia comezará a utilizar o alfabeto tradicional a partir de 2025 en todos os documentos oficiais.

    Fonte: The Diplomat

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder