A Xunta convoca no Diario Oficial de Galicia (DOG) as probas de avaliación en competencias clave para que as persoas que non posúen a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou o Bacharelato poidan acreditar os seus coñecementos, acceder á formación para o emprego e cursar os certificados profesionais que requiren deses requisitos académicos.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica as convocatorias de axudas para proxectos de fomento do uso da lingua galega nos centros de ensino regrado non universitario para o curso escolar 2023/24 cunha dotación económica conxunta de 385 000 €.
O senador inuit Willie Adams foi nomeado polo Goberno do Canadá para recibir a condecoración Orde do Canadá pola súa contribución na protección e promoción da lingua inuktitut.
Fonte: Nunavut News
O Ministerio de Inmigración e Integración anunciou a creación dun grupo interministerial que revisará o programa de ensino da lingua dinamarquesa para as persoas estranxeiras que chegan ao país.
Fonte: The Local
O uso do aragonés diminuíu na comunidade e só o 2 % fala esta lingua, o que equivale a 25 000 falantes. Mentres, na zona fronteiriza con Cataluña, un 4 % utiliza o catalán a diario.
Fonte: Hoy Aragón
A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia promociona un ano máis o uso do galego cun novo curso en liña destinado aos preto de 150 países do mundo onde hai galegas e galegos.
Fonte: Xunta de Galicia
O Goberno balear e o TSXIB queren relanzar a campaña para promover o uso do catalán na Administración de Xustiza, a través da organización de cursos para o persoal, un plan de dinamización lingüística nun partido xudicial ou un servizo de asesoramento lingüístico.
Fonte: Última Hora
O Premio Literario Descubrindo Oleiros ten como obxectivos dar a coñecer espazos do municipio e contribuír á normalización do uso oral e escrito do galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Un novo estudo realizado na Universidade de Xeorxia, nos EUA, revelou que os seres humanos comparten un sistema de comunicación non verbal universal. Ademais da linguaxe corporal, este sistema incorpora o contacto visual e as expresións faciais como elementos que inciden na interacción.
Fonte: The Press of Atlantic City
O recente estudo do Índice de Proficiencia en Inglés da EF revelou que mentres o dominio do inglés entre a xente nova diminuíu, o nivel desta lingua entre as persoas adultas traballadoras experimentou un incremento.
Fonte: VOA News
Boletín
Subscríbase ao boletín


