Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de xaneiro de 2024

    O xulgado contencioso administrativo n.º 3 de Donostia anulou por consideralas discriminatorias as bases dunha convocatoria para dúas prazas de policía municipal na cidade porque se esixía o coñecemento do éuscaro, en concreto, un perfil B2 desta lingua.

    Fonte: La Vanguardia

    10 de xaneiro de 2024

    O Calendario científico escolar 2024 é unha ferramenta destinada a achegar a cultura científica á xente nova e crear referentes inspiradores. Está dispoñible en liña en once linguas, xunto con recursos didácticos que o completan.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    10 de xaneiro de 2024

    A Generalitat estableceu un convenio de colaboración coa Federación de Autoescolas de Cataluña co obxectivo de promover o uso do catalán na formación e nos exames do permiso de conducir. Así, elaboraranse nesta lingua 75 cuestionarios de 30 preguntas tipo test en formato web interactivo, dos que xa se publicaron 25.

    Fonte: El Periódico

    10 de xaneiro de 2024

    Esta web está destinada á difusión da vida e da obra de Luísa Villalta, autora homenaxeada en 2024 co Día das Letras Galegas.

    Fonte: Real Academia Galega

    09 de xaneiro de 2024

    Un estudo elaborado polo Índice de Proficiencia en Inglés da EF revelou que as cidades de Braga e Guimarães ocupan o segundo e o terceiro posto respectivamente no que atinxe ao dominio da lingua inglesa en Portugal. O primeiro posto foi ocupado pola cidade de Coímbra.

    Fonte: Correio do Minho

    09 de xaneiro de 2024

    Entre xaneiro e marzo Narón acollerá seis espectáculos dirixidos a público familiar e infantil ao abeiro do programa Apego, unha iniciativa que ten entre os seus obxectivos apoiar a crianza en galego ou mellorar a socialización nesta lingua.

    Fonte: Enfoques

    09 de xaneiro de 2024

    A escritora kurdo-siria Amina Omer, alias Keça Kurd, recibiu na cidade iraquí de Arbil o Premio Zara de Lingua Kurda pola súa contribución á literatura escrita nesta lingua.

    Fonte: Kurdistan 24

     

    09 de xaneiro de 2024

    Naroa Anabirtate é a autora do traballo Things that are (said) and things that are not: A brief look at the ideological context of the Basque lenguage, no que analiza a importancia dos contextos ideolóxicos na evolución do éuscaro.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    09 de xaneiro de 2024

    Baixo o título «Languages Lanean», este congreso, que se celebrará os días 18 e 19 de xaneiro en Bilbao, abordará a xestión lingüística no mundo laboral para coñecer experiencias que axuden ao incremento no uso do éuscaro neste ámbito.

    Fonte: Deia

    09 de xaneiro de 2024

    Este grupo de investigación está a traballar nunha nova edición crítica das Cantigas de Santa María de Afonso X O Sabio, que estará acompañada dunha tradución ao galego actual. Así mesmo, realizou a primeira tradución completa ao castelán destas composicións, dispoñible en formato dixital.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder