Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de xaneiro de 2024

    Iniciativa pol Asturianu organiza a votación popular en internet para escoller a mellor noticia para o asturiano de 2023, unha consulta que permanecerá aberta ata o 9 de xaneiro.  

    Fonte: La Voz de Asturias

    02 de xaneiro de 2024

    Segundo o último informe do Consello Escolar da Comunidade Valenciana, só a metade dos colexios ten como lingua base o valenciano, unha porcentaxe que se reduce na ESO e no Bacharelato ata o 15 % de horas nesta lingua.  

    Fonte: Levante EMV

    02 de xaneiro de 2024

    O ministro da Secretaría de Políticas Lingüísticas compartiu os desafíos do seu departamento para o novo ano, entre os que sinalou a garantía dos dereitos lingüísticos das persoas xordas, a protección das 19 linguas de Paraguai ou a recuperación do status lingüístico do guaraní, entre outros.

    Fonte: El Nacional

    02 de xaneiro de 2024

    A Asemblea Nacional de Transición de Burkina Faso acordou outorgarlles ao inglés e ao francés, que deixa de ser oficial, o status de linguas de traballo, mentres que se converten en oficiais as linguas nacionais.

    Fonte: Le Courrier du Vietnam

    02 de xaneiro de 2024

    No segundo semestre do curso 2023/2024 o Centro de Linguas Modernas ofertará cursos de galego para non galegofalantes dirixidos principalmente á comunidade universitaria, mais tamén a todas as persoas maiores de 16 anos interesadas.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    02 de xaneiro de 2024

    A CRTVG vai producir 25 novos produtos dixitais en lingua galega nunha convocatoria á que destinará máis de 300 000 euros. Entre os proxectos, creados especificamente desde e para a contorna dixital, figuran contidos divulgativos, infantís, de entretemento, humor, educación, ficción ou cultura.

    Fonte: CRTVG

    01 de xaneiro de 2024

    Santiago de Compostela acolleu un acto organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística no que O Apalpador lle pediu ao presidente da Xunta, que este sexa o último Nadal sen programación infantil e xuvenil en galego.

    Fonte: Galicia Confidencial

    31 de decembro de 2023

    Segundo a revista PNAS Nexus, existe unha relación entre o clima e o desenvolvemento das linguas, de maneira que as temperaturas ambientais exercen influencia no volume de certos fonemas, o que explicaría que nos países tropicais adoitan soar máis ruidosas, mentres que nos lugares fríos semellan máis silandeiras.  

    Fonte: O Povo

    29 de decembro de 2023

    A institución foral destinará 1 470 000 euros para impulsar o éuscaro durante 2024 en tres áreas clave: fomento da lingua, edición de publicacións periódicas e desenvolvemento de produtos dixitais.

    Fonte: Bizkaiko Foru Aldundia

    29 de decembro de 2023

    Segundo os datos do Censo de Poboación realizado polo INE en 2021, máis da metade da poboación do arquipélago usa sempre o castelán no ámbito familiar, coas amizades e no traballo, uns datos que reflicten os cambios demográficos nas illas debidos á chegada de novos residentes.

    Fonte: Última Hora

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder