Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de decembro de 2023

    Segundo un estudo da OQLF, o 67 % da poboación quebequesa ve a televisión tradicional principalmente en francés, unha porcentaxe que diminúe notablemente nas plataformas de streaming, nas que cae ata o 42 %.

    Fonte: Le Devoir

    29 de decembro de 2023

    O Premio Internacional de Estudos Galegos, que convoca a Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) co apoio da Xunta de Galicia e da UMinho Editora, está dirixido a investigadores/as do ámbito dos estudos galegos en universidades de fóra de Galicia e cuxos traballos estean redactados en lingua galega.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    29 de decembro de 2023

    A Xunta de Galicia pon o broche de ouro a un ano de celebracións arredor da figura de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2023, coa presentación do último volume da colección Cadernos Ramón Piñeiro, titulado Francisco Fernández del Riego no río do tempo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    28 de decembro de 2023

    O Concello de Xinzo de Limia e a Fundación Carlos Casares outorgaron ao xornalista Antonio Piñeiro Feijóo a segunda edición do Premio de Xornalismo Literario Carlos Casares.

    Fonte: Cultura Galega

    28 de decembro de 2023

    A Universidade de Vigo concedeu á Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense o distintivo de galeguización Gal Ego 2023 que recoñece a promoción e uso do galego en facultades e escolas.

    Fonte: Universidade de Vigo

    28 de decembro de 2023

    Un grupo de estudantes da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense da Universidade de Vigo participaron nun proxecto europeo sobre innovación docente onde mesturaron música, matemátias e linguas con estudantes de Francia, Países Baixos e da Universidade de Santiago de Compostela.

    Fonte: Universidade de Vigo

    28 de decembro de 2023

    A Consellaría de Educación da Generalitat Valenciana está considerando a posibilidade de consultar as familias sobre a lingua vehicular dos seus fillos e fillas en cada centro escolar.

    Fonte: El País

    27 de decembro de 2023

    O Ministerio de Educación e Investigación de Estonia declarou que ningunha institución educativa recibirá prórrogas para poder aplicar o proceso de transición educativa cara á lingua estoniana. A partir do curso 2024-2025, todas as escolas e centros educativos deberán ter profesorado con nivel mínimo de C1 de estoniano.

    Fonte: ERR

    27 de decembro de 2023

    A Fundación do Español Urxente (Fundéu), promovida pola Real Academia Española e a Axencia EFE, escolleu "polarización" como Palabra do Ano 2023 en lingua castelá. Esta voz, cuxo uso se estendeu nos últimos anos, está presente no dicionario da RAE desde o ano 1884.

    Fonte: Fundéu

    27 de decembro de 2023

    A canle de televisión en gaélico TG4 emitirá o documentario Gael Linn ag 70 para conmemorar o 70 aniversario da organización a prol da lingua gaélica Gael Linn e analizar a súa historia e a súa influencia na música irlandesa.

    Fonte: Irish Central

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder