Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de decembro de 2023

    O mestre, poeta, escritor e guionista lucense, Lois Pérez, venceu o sexta edición do Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil convocado polo Concello de Pontevedra e a editorial Cuarto de Inverno polo seu libro Cartas de Inverno.

    Fonte: Cultura Galega

    22 de decembro de 2023

    A ministra de Cultura e Gaeltacht da República de Irlanda, Catherine Martin, anunciou a aprobación dun plan dun millón de euros para crear unha rede de apoio en gaélico irlandés que permita que os traballadores do estado poidan incrementar a súa competencia nesta lingua.

    Fonte: RIPT

    22 de decembro de 2023

    Como cada 18 de decembro, as Nacións Unidas conmemoraron en todo o mundo o Día Internacional da Lingua Árabe, un dos idiomas oficiais deste organismo internacional. O tema deste ano é "O árabe, lingua de poesía e arte".

    Fonte: UNESCO

    22 de decembro de 2023

    Co obxectivo de crear unha educación máis inclusiva, o Goberno do Reino Unido ofrecerá a materia de lingua de signos como parte do currículo de secundaria.

    Fonte: EuroWeekly

    22 de decembro de 2023

    A Universidade de Brasilia, en colaboración coa Organización de Estados Americanos e o Ministerio dos Dereitos Humanos e da Ciudadanía do Brasil traducirán o Estatuto da Infancia e do Adolescente á lingua indíxena ticuna.

    Fonte: Universidade de Brasília 

    22 de decembro de 2023

    As palabras propostas pola Academia da Lingua Asturiana para converterse en neoloxismo do ano en asturiano son cambéu climáticu, intelixencia artificial, xentrificación, llimpieza étnica e xeollocalización.

    22 de decembro de 2023

    Apoiáronse 48 proxectos de 30 empresas ás que se destinaron preto de 300 000 euros por medio dunha liña de axudas que teñen como obxectivo fomentar a incorporación do catalán aos xogos de mesa.  

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    22 de decembro de 2023

    Este galardón, que convoca a Asociación Amigos de Otero Pedrayo en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, está dirixido a alumnado de entre 15 e 23 anos e ten como obxectivo incentivar as habilidades comunicativas orais e unha expresión correcta en lingua galega.

    22 de decembro de 2023

    A nova edición da Festa do Apego inclúe na súa programación contos, música, xogos e outras propostas para que nenas e nenos poidan gozar e socializar en galego durante todo o día.

    Fonte: Concello de Santiago de Compostela

    21 de decembro de 2023

    Doce eurodeputadas/os viaxaron a Cataluña como parte dunha delegación para analizar o modelo de inmersión lingüística, para o que se reuniron con diferentes colectivos como representantes de familias e profesorado, asociacións, sociedade civil, membros da xudicatura etc.

    Fonte: La Vanguardia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder