Dende hai uns meses o Servizo de Normalización Lingüística está a traballar na versión en galego dalgunhas normas UNE do ámbito da óptica oftálmica nas que ten máis presenza a terminoloxía técnica.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A empresa de enerxía inglesa OVO Energy foi acusada de lle causar un prexuízo á lingua galesa tras a súa decisión de interromper o seu servizo de facturación neste idioma.
Fonte: BBC
O Goberno de Luxemburgo anunciou o programa Mathi co que pretende mudar o ensino da materia de matemáticas e abordalo desde unha perspectiva multilingüe. O proxecto consiste en empregar materiais en varios idiomas, incluído o portugués, para que o alumnado estableza vínculos entre a disciplina e a lingua falada na casa.
Fonte: Contacto
Un cento de docentes de Lingua Asturiana e Literatura asinou un manifesto no que alertan dos prexuízos que suporía a redución dun 50 % das medias xornadas e no que propoñen diferentes medidas para solucionalos, como a oferta desta materia tamén en Educación Infantil.
Fonte: La Voz de Asturias
A exposición «Las Edades del Hombre» chegará a Vilafranca no mes de xuño. Por este motivo, o colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo reclama a presenza do galego na mostra a través dunha campaña en redes sociais para que os internautas se sumen a esta petición.
Fonte: Bierzo Diario
Ambas as entidades subscribiron un convenio para o fomento da lingua e a cultura galegas que permitirá avanzar no desenvolvemento do idioma e impulsar accións comúns para poder exercer o dereito de vivir en galego.
Medra.gal é unha nova plataforma en galego para avanzar na transformación dixital a través dunha páxina web con formación en emprendemento, márketing e negocios dixitais dirixida a persoas que queiran lanzar, consolidar ou facer medrar un negocio en internet.
Fonte: Código Cero
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración do Parque do Pintor Paco Lareo en Lalín.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O presidente de An Comunn Gaidhealach (Asociación Gaélica) chama todo o sector de apoio do gaélico escocés a que se unan ás mobilizacións para protestar polos recortes do Goberno de Escocia a esta lingua vernácula.
Fonte: Stornaway Gazette
A Cámara dos Deputados do Brasil está a debater a aprobación dun proxecto de lei que prevé que as escolas brasileiras ensinen a lingua tupí e outros idiomas indíxenas.
Fonte: Gazeta de S. Paulo
Boletín
Subscríbase ao boletín

