El uso habitual del catalán en las pymes é o título dun informe da patronal Pimec que, entre as súas conclusións, sinala que o uso do catalán nas comunicacións coa clientela se incrementou un 17,1 % na última década.
Fonte: La Vanguardia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
El uso habitual del catalán en las pymes é o título dun informe da patronal Pimec que, entre as súas conclusións, sinala que o uso do catalán nas comunicacións coa clientela se incrementou un 17,1 % na última década.
Fonte: La Vanguardia
Xa se coñecen os traballos finalistas e gañadores do VIII Concurso de subtitulación de vídeos TED de ciencias da saúde ao galego (#TEDSaúde), un certame que ten como obxectivo contribuír á creación de recursos divulgativos nesta lingua no eido da saúde.
Estas son as seis voces que optan a se converter na Palabra do Ano 2023 e polas que se poderá votar ata o luns 25 de decembro a través do Portal das Palabras: biodiversidade, cibercarracho, -a, cooficialidade, dereitos humanos, educación emocional e feitiño, -a.
O Parlamento da Unión Europea anunciou a convocatoria dun concurso público para a contratación de profesionais do ámbito lingüístico que desexen traballar na Dirección Xeral de Tradución.
Fonte: Slator
A cidade de Ponta Delgada, nos Azores, acolleu a presentación de Açorianidade no Tempo, o maior libro editado en lingua portuguesa. O libro reúne 150 títulos de 263 autores diferentes.
Fonte: Bom dia
A compañía pontevedresa TICgal acaba de presentar a Uxía, un chatbot impulsado por intelixencia artificial co que se pode interactuar en español, inglés e galego.
Fonte: GaliciaPress
Euskarabidea e varias entidades locais de Navarra puxeron en marcha a Escola de Nais e Pais para familias cuxas fillas e fillos aprenden éuscaro no centro escolar. Así, a través de sesións en liña, reciben información e recursos sobre temas que lles poden resultar de interese.
A renovación deste convenio, polo que o Consello da Avogacía Catalá recibirá 350 578 euros, suporá a execución dun programa de fomento do uso do catalán nas actuacións procesuais de asistencia xurídica gratuíta para o ano 2024.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Catálogo de Nadal 2023 inclúe diferentes propostas de agasallos co obxectivo de dar ideas para estas festas, así como promover un consumo responsable que aposte pola calidade, a proximidade e a lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O novo comisario da Lingua Gaélica da República de Irlanda, Séamas Ó Concheanainn, declarou que se farán importantes esforzos para garantir o acceso aos servizos públicos dos falantes de gaélico irlandés.
Fonte: The Irish Times
Subscríbase ao boletín