Organizado polo Instituto de Estudos Baleáricos (IEB) coa colaboración doutras entidades, este festival ten como obxectivo fomentar o uso do catalán entre a mocidade a través do cine anime e o cómic manga.
Fonte: Diario de Mallorca
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Organizado polo Instituto de Estudos Baleáricos (IEB) coa colaboración doutras entidades, este festival ten como obxectivo fomentar o uso do catalán entre a mocidade a través do cine anime e o cómic manga.
Fonte: Diario de Mallorca
O Validatón, que se celebrará o 19 de marzo, é un maratón de validación de fragmentos de voz en galego doados a Common Voice. Trátase dunha iniciativa enmarcada no Proxecto Nós e dirixida ao alumnado de todas as titulacións de Filoloxía .
Fonte: Instituto da Lingua Galega
A obra Toponimia de Muros, de Alfonso Blanco Quintela, afonda na orixe e no significado dos 105 nomes da toponimia maior de Muros e en sete máis pertencentes á toponimia menor.
Fonte: Real Academia Galega
A Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago organiza as novas convocatorias dos certames ‘Escolle en galego’ e ‘O teu traballo ten premio’, para fomentar o uso do galego nos traballos académicos do alumnado e na elaboración dos TFG.
Baixo o lema «Senabrés, a nuesa llengua», convócase un concurso de relatos en senabrés que ten como obxectivo poñer en valor esta lingua, variante do asturleonés, e fomentar o seu uso.
Fonte: Zamora News
Xunto coa Asociación Boirense de Empresarios e os centros de ensino do municipio, ponse en marcha a I edición do Concurso de Carteis escolares “Somos Boiro” cuxo obxectivo é sensibilizar sobre a importancia do consumo local, así como a posta en valor do patrimonio, a lingua galega e o contorno.
Fonte: Diario de Arousa
A ampliación das actividades extraescolares en éuscaro responde a unha demanda da cidadanía e da ANPA do centro educativo, no que esta lingua só pode ensinarse fóra do horario escolar.
Fonte: Diario de Burgos
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na localidade leonesa de Cacabelos na XVI edición das Xornadas Martín Sarmiento, organizadas no marco das celebracións do Día do Galego no Bierzo pola Comisión Cultural Martín Sarmiento co apoio da Xunta de Galicia e da Junta de Castilla y León, entre outras entidades.
O territorio de Frisia publicou as bases para participar no Liet 2024, festival da canción en lingua frisoa.
Fonte: Eurovoix World
As alteracións da paisaxe do Ártico por mor do cambio climático poderían pór en risco a supervivencia do saami setentrional, lingua ártica que conta con máis de 300 palabras para denominar a neve.
Fonte: BBC
Subscríbase ao boletín