Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de marzo de 2024

    Un estudo do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT, polas súas siglas en inglés) revelou que as persoas que falan cinco ou máis linguas procesan a lingua materna e as linguas non nativas de xeito diferenciado. O estudo podería dar información importante sobre a capacidade de adaptación do cerebro humano e sobre a pegada cognitiva das primeiras linguas.

    Fonte: Neuroscience

    11 de marzo de 2024

    Un tradutor de lingua de signos desenvolvido por CESAR (Centro de Estudos e Sistemas Avanzados de Recife) a través de intelixencia artificial vence o premio de innovación SXSW (South by Southwest).

    Fonte: Bloomberg Línea

    11 de marzo de 2024

    A Generalitat de Cataluña presentou o programa, acompañado dunha proposta didáctica, da lingua de signos catalá do nivel básico (A2) no que se definen as competencias lingüísticas e comunicativas.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    11 de marzo de 2024

    Estes galardóns recoñecen os mellores traballos gravados, subtitulados ou dobrados ao aragonés. Na categoría xeral o premio foi para Luz de setiembre e na escolar, para Pende de ros 2/Depende de los 2.

    Fonte: El Cruzado

    11 de marzo de 2024

    O Goberno de Cataluña destinará 6,9 millóns de euros, a dotación máis elevada da historia, ás subvencións de dobraxe e subtitulación en catalán co obxectivo de chegar a máis espectadores e de que esta lingua estea presente nas principais plataformas dixitais.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    11 de marzo de 2024

    Un total de 234 estudantes do IES Concepción Arenal de Ferrol participan, entre o 11 e o 22 de marzo, no Desafío galego, unha iniciativa pola que se comprometen a usar a lingua galega e a galeguizar as redes sociais.

    Fonte: Galicia Confidencial

    08 de marzo de 2024

    Ante a probable aprobación dunha lei que permita a creación de universidades privadas en Grecia, as universidades públicas de Atenas e Tesalónica estanse a mobilizar para que se manteña o requisito que obriga o estudantado estranxeiro a coñecer o grego moderno para cursar estudos universitarios.

    Fonte: Ekathimerini

    08 de marzo de 2024

    Por primeira vez na historia da Asemblea de Irlanda do Norte, unha comisión parlamentaria recibe un testemuño en gaélico irlandés. A intervención foi interpretada simultaneamente ao inglés.

    Fonte: BBC

    08 de marzo de 2024

    Ao abeiro desta conmemoración, celébranse as XVI Xornadas Martín Sarmiento e preséntase o primeiro Dicionario do Galego do Bierzo. Así mesmo, farase entrega do IV Premio Antonio Fernández Morales.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    08 de marzo de 2024

    Un estudo elaborado na Universidade de Texas revela que o tamaño e composición do núcleo familiar pode influenciar o desenvolvemento lingüístico das persoas.

    Fonte: Neoroscience

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder