Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de marzo de 2024

    Ao longo do mes de marzo, no marco do proxecto Apego, o Concello de Santiago organiza novas actividades para a socialización en galego dirixidas a nenos e nenas entre 0 e 6 anos.

    Fonte: Concello de Santiago de Compostela

    04 de marzo de 2024

    A Universidade de Santiago convoca anualmente estes premios que recoñecen traxectorias ou iniciativas que contribuíron á normalización do galego nesta institución.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    01 de marzo de 2024

    O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo, Brasil, publicou unha convocatoria para seleccionar persoas interesadas no estudo de linguas de orixe africana. As persoas seleccionadas recibirán unha bolsa de estudo para desenvolver as súas investigacións.

    Fonte: Museo da Lingua Portuguesa

    01 de marzo de 2024

    Con motivo do Día de San David, patrón do País de Gales, o ministro de Educación e Lingua Galesa lanzou o proxecto Embaixadores Culturais co que pretende promover o uso da lingua e cultura galesas. Un dos piares do programa vai ser promocionar o uso e coñecemento do galés por parte de persoas de fóra que chegan e deciden residir no país.

    Fonte: Llywodraeth Cymru/Welsh Government

    01 de marzo de 2024

    En total, destinarase un millón de euros a 22 proxectos de empresas do sector da intelixencia artificial e as tecnoloxías da linguaxe. O anuncio realizouse no acto de presentación de Aina Challenge, o primeiro concurso de proxectos de IA en catalán.   

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    01 de marzo de 2024

    Ao longo do mes de marzo porase en marcha a décima edición da iniciativa «Euskara, sari zihurra» que ten como obxectivo impulsar o uso do éuscaro no comercio local.

    Fonte: Noticias de Álava

    01 de marzo de 2024

    Máis de 800 estudantes dos institutos de Chapela, Pedro Floriani e Mendiño participan na iniciativa «Unha semaniña enteira» pola que se comprometen a falar galego en todos os contextos da súa vida.

    Fonte: Faro de Vigo

    01 de marzo de 2024

    A Escola Galega de Administración Pública publica a convocatoria de actividades formativas, entre as que figuran as de carácter lingüístico cos seguintes cursos: “A normativa do galego estándar: actualización gramatical, ortográfica e léxica”, “A calidade da redacción administrativa. Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos” e “Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego”.

    01 de marzo de 2024

    A Semana da Lingua Irlandesa, Seachtain na Gaeilge, é o maior festival irlandés do mundo e este ano durará máis tempo. Multitude de eventos en varios países celebrarán a importancia e necesidade de incrementar o uso diario desta lingua celta.

    Fonte: Irish Central

    01 de marzo de 2024

    O Goberno de Escocia recortará 354 000 libras esterlinas á promoción do gaélico escocés nos medios públicos de comunicación como MG Alba e BBC Alba. Esta medida supón un duro golpe para a supervivencia da lingua vernácula.

    Fonte: Scotsman

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder