O Goberno vasco destinará 500 000 euros a promover a creación de proxectos xerados en éuscaro, que poderán ser longametraxes, series ou miniseries, durante o exercicio 2024.
Fonte: Gobierno Vasco
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Goberno vasco destinará 500 000 euros a promover a creación de proxectos xerados en éuscaro, que poderán ser longametraxes, series ou miniseries, durante o exercicio 2024.
Fonte: Gobierno Vasco
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu a presentación de Lugopoética 2024, un ciclo de encontros arredor da poesía para impulsar novos talentos da man de autores consagrados.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Consello Nacional da Educación de Portugal defende a necesidade de que os partidos políticos aposten polo ensino do portugués entre as persoas que falan outras linguas maternas co fin de evitar problemas futuros.
Fonte: TSF
Co obxectivo de crear oportunidades de vivir en valenciano, ponse en marcha este espazo multixeracional e multicultural para conversar nesta lingua, gratuíto e de asistencia libre aberta a toda a poboación.
Fonte: Ajuntament d'Alcoi
O presidente do Goberno anunciou en Barcelona o desenvolvemento dun gran modelo fundacional de linguaxe de intelixencia artificial adestrado especificamente en español e no resto de linguas cooficiais, en código aberto e transparente.
Fonte: Código Cero
Optimot, o servizo de consultas lingüísticas, organiza, como cada ano, un concurso para celebrar o seu aniversario, que este ano estará centrado en declaracións de amor que deberán enviar os participantes a través de X ou de Instagram.
Fonte: Generalita de Catalunya
Destes dous obradoiros de acollemento lingüístico, un vai dirixido a persoas doutras comunidades lingüísticas que se achegan por primeira vez ao galego e outro para as que que desexan continuar a súa formación.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta de Galicia pon en marcha un servizo de videointerpretación para dar atención ás persoas xordas nas urxencias sanitarias que estará dispoñible 24 horas e 365 días ao ano no 061.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia convoca a décimo terceira edición de Lingua de namorar, o certame en liña de mensaxes de amor en galego que busca dinamizar o seu uso entre a mocidade tanto nas súas relacións persoais como en internet.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un equipo científico multidisciplinario descubriu a existencia dunha lingua escrita anterior á chegada dos invasores europeos. Tal evidencia parece estar demostrada nunhas táboas de madeira con pictogramas inintelixibles.
Fonte: CanalTech
Subscríbase ao boletín