Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de febreiro de 2024

    Micaela Hernández, coñecida como "Kelly Tehuanita", dedica os seus esforzos á salvagarda do idioma zapoteco en Oaxaca. Hernández imparte clases desta lingua a profesorado de infantil coa intención de salvalo da extinción.

    Fonte: UDG TV

    26 de febreiro de 2024

    Co obxectivo de promover o uso do catalán entre a mocidade, o Plenario do Consello Municipal aprobou unha proposta para crear unha comisión non permanente para impulsar a presenza desta lingua no contorno dixital e nos novos formatos tecnolóxicos.

    Fonte: Ajuntament de Barcelona

    26 de febreiro de 2024

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asiste en Braga a dúas das actividades programadas no marco da X edición do Festival Cultural Converxencias Portugal-Galicia, celebrado entre o 3 de febreiro e o 9 de marzo entre varias cidades das dúas beiras do Miño coa colaboración da Xunta de Galicia.

    23 de febreiro de 2024

    Co fin de conmemorar o Día Internacional da Lingua Materna, varias deputadas e deputados do Parlamento de Turquía foron censurados por realizar discursos en linguas minorizadas turcas, como o kurdo ou o uzbeko.

    Fonte: Stockholm Center for Freedom

    23 de febreiro de 2024

    A promoción do uso social do catalán en Barcelona incluirase como obxectivo transversal no próximo Plan estratéxico de subvencións do Concello. Con esta medida búscase favorecer a presenza desta lingua en todos os proxectos.  

    Fonte: El Nacional

    23 de febreiro de 2024

    Segundo o estudo Índice de Desigualdad Lingüística (IDL) de las regiones sociolingüísticas valencianas, impulsado pola Fundación Nexe, apréciase unha tendencia cara á desigualdade lingüística ao tempo que existen presións sociais e políticas contra o uso do valenciano.  

    Fonte: Gente

    23 de febreiro de 2024

    A Facultade de Ciencias do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela entregou os premios deste certame que ten como obxectivo fomentar a creación de recursos audiovisuais en galego de temática científica.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    23 de febreiro de 2024

    A peza audiovisual Neofalantes é unha pílula lingüística na que alumnado e profesorado deste centro de Vila de Cruces que procede de fóra de Galicia (Marrocos, Inglaterra, Venezuela, China, Andalucía, Asturias, Romanía...) explican a súa experiencia vital co galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    23 de febreiro de 2024

    O ministro norteirlandés paras as Comunidades defendeu a necesidade de que a Asemblea de Irlanda do Norte aprobe unha lei da lingua de signos para garantir que os dereitos das persoas xordas se vexan recoñecidos.

    Fonte: BBC

    23 de febreiro de 2024

    O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou a Rosalía de Castro coma unha autora valente e transgresora que será lembrada para sempre coma unha icona da literatura galega.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder