Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de febreiro de 2024

    Na gala da edición 2023 dos Premios Youtubeiras entregáronse os oito galardóns en que se divide o certame. En cómputo xeral, todos os vídeos subidos polas 68 canles que se presentaron representan máis de 32 400 minutos en galego en Youtube.

    Fonte: Galicia Confidencial

    19 de febreiro de 2024

    O plan de formación en lingua galega da Xunta de Galicia continúa a súa aposta por combinar a preparación presencial e en liña para chegar a calquera lugar e facilitar, deste xeito, o acceso ao coñecemento do galego a todas as persoas interesadas en preparar as probas que certifican a competencia nesta lingua.

    19 de febreiro de 2024

     A Secretaría de Cultura do Goberno de México, a través do Instituto Mexicano de Cinematografía (Imcine), presentou a quinta Mostra de Cinema en Linguas Orixinarias, un evento que busca recoñecer, difundir e preservar a riqueza cultural, tradicións e diversidade lingüística dunha parte fundamental da poboación mexicana.

    Fonte: Vocero

    19 de febreiro de 2024

    Como cada 21 de febreiro, a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) conmemora en todo o mundo o Día Internacional da Lingua Materna. Este ano o lema é «Educación multilingüe: un piar da aprendizaxe interxeracional» co que se pretende fomentar a preservación das linguas indíxenas e subliñar o papel das linguas na promoción da inclusión.

    Fonte: United Nations

    16 de febreiro de 2024

    Un total de catorce universidades dos Países Baixos acordaron adoptar medidas para pór freo aos seus procesos de internacionalización e reducir o número de cursos impartidos en inglés co fin de priorizar o ensino en neerlandés.

    Fonte: The Pie News

    16 de febreiro de 2024

    A axencia de prensa estatal de Polonia PAP anunciou a suspensión do seu servizo de información en inglés The First News (TFN).

    Fonte: Notes from Poland

    16 de febreiro de 2024

    A Generalitat de Cataluña puxo en marcha un programa formativo de lingua catalá destinado aos profesionais da saúde, que recibirán 100 horas de formación gratuíta en modalidade virtual para mellorar as súas habilidades comunicativas neste idioma.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    16 de febreiro de 2024

    Este programa de actividades inclúe contos, música, teatro, obradoiros didácticos etc. dirixidos a familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    16 de febreiro de 2024

    O Goberno de Malta propón que as persoas estranxeiras que residan no país realicen un curso de lingua e cultura maltesas co fin de facilitar o seu proceso de integración.

    Fonte: TVM News

    16 de febreiro de 2024

    A ministra de Asuntos Parlamentarios do Goberno de Portugal, Catarina Mendes, defendeu a importancia da lingua portuguesa como ponte de comunicación e integración entre a cidadanía portuguesa e as persoas inmigradas.

    Fonte: Visão

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder