Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de febreiro de 2024

    A ministra de Asuntos Parlamentarios do Goberno de Portugal, Catarina Mendes, defendeu a importancia da lingua portuguesa como ponte de comunicación e integración entre a cidadanía portuguesa e as persoas inmigradas.

    Fonte: Visão

    15 de febreiro de 2024

    O concurso de microrrelatos OZOCOgz chega á súa 12ª edición. Poderán presentarse textos en galego dun máximo de 150 palabras, orixinais e inéditos, e que non se presentasen a ningún outro certame.

    Fonte: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

    15 de febreiro de 2024

    O Goberno vasco asina un acordo co Instituto de Alfabetización e Reeuscaldunización de Adultos-HABE para o ensino do éuscaro nos tres cárceres vascos para o que destinará unha partida de 100 000 euros en 2024.

    Fonte: Gobierno Vasco

    15 de febreiro de 2024

    A Xarxa Educativa per la Llengua pon en marcha esta campaña informativa pola que repartirán polos centros educativos folletos traducidos en nove linguas, entre elas, chinés, árabe, italiano, francés, alemán ou inglés.

    Fonte: Última Hora

    14 de febreiro de 2024

    Foi a Mesa pola Normalización Lingüística quen recibiu a queixa dun cidadán que presentou un escrito en galego no Rexistro Civil ao que lle responderon que a lingua dos procedementos tramitados pola Administración xeral do Estado é o castelán.  

    Fonte: Galicia Press

    14 de febreiro de 2024

    A Generalitat de Cataluña reedita a guía Aprenem català des de l’urdú, unha actualización que ten como obxectivo ofrecerlles unha versión renovada ás persoas falantes de urdú que queren aprender catalán.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    14 de febreiro de 2024

    O volume Toponimia de Antas de Ulla, elaborado por Andrea Santiso Arias, recolle os nomes de lugar deste concello da comarca luguesa da Ulloa. Inclúe un total de 165 topónimos das 28 parroquias e 133 lugares do municipio coa súa orixe e significado.

    Fonte: Real Academia Galega

    14 de febreiro de 2024

    O premio Kiroletik Bagoaz Euskaraz ten como obxectivo recoñecer as iniciativas a favor do éuscaro impulsadas no ámbito deportivo por asociacións e particulares. Na súa primeira edición o galardón vai para o psicólogo Aritz Olagoi.

    Fonte: Gobierno Vasco

    14 de febreiro de 2024

    O Goberno do Reino Unido destinou unha partida orzamentaria de medio millón de libras esterlinas a fortalecer e promover a lingua córnica nas escolas, na industria audiovisual e nas comunidades.

    Fonte: Pirate FM

    13 de febreiro de 2024

    Máis de 100 eventos en varios países de todo o mundo celebran o Día Internacional da Lingua Grega e o rol que este idioma ten e tivo na cultura global.

    Fonte: Ekathimerini 

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder