Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de febreiro de 2024

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, asistiron á cerimonia de entrega do XXVII Premio de narrativa Arcebispo Juan de San Clemente, impulsado polo IES Rosalía de Castro co apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades co obxectivo de promover o ámbito lector entre a rapazada, así como a riqueza de coñecer varias linguas.

    08 de febreiro de 2024

    O presidente da Asociación de Medios en Galego (Amega) o secretario xeral de Política Lingüística presentaron as diferentes actividades para celebrar o XI aniversario do Día dos Medios en Galego: roteiros xornalísticos, unha guía didáctica para o profesorado sobre medios nesta lingua e un evento musical para reivindicar o seu uso.

    08 de febreiro de 2024

    «No em racialitzis, parla'm en català. Drets lingüístics universals» é o título desta actividade que ten como obxectivo concienciar os falantes de catalán das razóns que os levan a falar unha determinada lingua e dos beneficios de manter o catalán con todo tipo de interlocutores.

    Fonte: Universitat Autònoma de Barcelona

    08 de febreiro de 2024

    O Concello de Durango, Dendak Bai e Landue presentaron un decálogo para incrementar o uso do éuscaro nos establecementos comerciais e hostaleiros, así como nas empresas de servizos.  

    Fonte: Ayuntamiento de Durango

    08 de febreiro de 2024

    O presidente da Real Academia Galega recolleu o Premio da Cultura Galega 2023 de Proxección Exterior, concedido aos Cursos de lingua e cultura galegas «Galego sen fronteiras».

    Fonte: Real Academia Galega

    08 de febreiro de 2024

    O Grupo de Investigación de Románicas da Universidade de Santiago está a estudar os nomes de persoas e lugares que aparecen nas Cantigas de Santa María para crear un dicionario e unha base de datos dixitais.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    07 de febreiro de 2024

    As forzas sindicais da Universidade de Aberdeen, en Escocia, convocaron unha folga para loitar contra os plans que prevén recortar os estudos de grao en francés, alemán, gaélico e español para o próximo ano lectivo.

    Fonte: BBC

    07 de febreiro de 2024

    O Consello das Artes do País de Gales lanzará o programa Llais y Lle (Voz de Lugar) que pretende apoiar e fomentar proxectos creativos en lingua galesa na zona de Swansea.

    Fonte: Swansea Bay News

    07 de febreiro de 2024

    O acordo que asinarán o Servizo de Garantía dos Dereitos Lingüísticos e o Ararteko (o valedor do pobo do País Vasco) terá unha vixencia de catro anos e o seu obxectivo será definir a colaboración na protección da cidadanía fronte á discriminación lingüística e protexer os seus dereitos neste eido.

    07 de febreiro de 2024

    As expresións culturais vinculadas á cultura xorda e á lingua de signos española incluiranse na lista de patrimonio cultural inmaterial  como manifestación representativa, unha decisión que implica que o Estado se vai comprometer coa súa salvagarda e protección.  

    Fonte: Servimedia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder