A italiana Lisamaria Fabro, alumna de mestrado na Universidade de Heildeberg, en Alemaña, está a realizar unha investigación sobre o uso do galego no Instagram, para a que ten dispoñible unha enquisa na rede social.
Fonte: Faro de Vigo
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A italiana Lisamaria Fabro, alumna de mestrado na Universidade de Heildeberg, en Alemaña, está a realizar unha investigación sobre o uso do galego no Instagram, para a que ten dispoñible unha enquisa na rede social.
Fonte: Faro de Vigo
O Barómetro do Gremio de Editores de España, malia que constata un aumento na adquisición de libros en galego, sinala que só un 3,1 % das persoas que le en Galicia prefire facelo nesta lingua, fronte ao 96,2 % que escolle o castelán.
Fonte: Culturagalega
Un estudo realizado polo centro de investigacións estadounidenses Pew Research Center revelou que o 96 % da cidadanía neerlandesa considera que falar a lingua é un factor determinante para ser "bo neerlandés" ou "boa neerlandesa".
Fonte: Dutch News
Segundo unha enquisa, a maioría da poboación de Cataluña (o 70,3 %) considera que o catalán é útil para o éxito profesional, unha porcentaxe que descende lixeiramente entre a de Baleares (57,1 %) e a da Comunidade Valenciana (56,2 %).
Fonte: Ara
O Curso para mellorar a competencia lingüística en galego para docentes, que organiza CIG-Ensino e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), desenvolverase en varias sesións ao longo do mes de febreiro na modalidade de teleformación.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Latxa é o nome do gran modelo de linguaxe para o éuscaro creado por HiTZ, Centro Vasco de Tecnoloxía da Linguaxe da Universidade do País Vasco. O seu obxectivo é fomentar o desenvolvemento de investigacións, innovacións e produtos que funcionan con esta lingua.
Fonte: Universidad del País Vasco
A Xunta de Galicia e Editorial Galaxia acaban de presentar dous novos títulos que engrosan a lista de obras publicadas pola editorial viguesa co apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades: a primeira adaptación a novela gráfica do clásico Memorias dun neno labrego, de Xosé Neiras Vilas realizada por Iria Aldegunde, e a Música dos Valladares. Retratos de familia, da autoría de Pablo Bernárdez.
O Goberno de Grecia anunciou o lanzamento da plataforma en liña staellinika.com que permitirá que persoas novas de orixe grega que viven no exterior aprendan a lingua grega.
Fonte: Orthodox Times
O titular de Educación no partido da oposición no Parlamento de Malta, Justin Schembri, alertou da paulatina desaparición da lingua maltesa e pediu ao Goberno que tome medidas para salvala.
Fonte: Lovin Malta
O programa de actividades para dar a coñecer ou afondar na figura e na obra de Luísa Villalta, homenaxeada co Día das Letras Galegas 2024, comezará no mes de marzo cunha serie web sobre a autora.
Fonte: Real Academia Galega
Subscríbase ao boletín