Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de outubro de 2023

    O concurso para elaborar a exposición sobre Luísa Villata, a autora homenaxeada o Día das Letras Galegas 2024, está dirixido aos centros de ensino público non universitario e conta con dúas categorías, unha de educación infantil e primaria e outra para os restantes niveis educativos. 

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    20 de outubro de 2023

    Os datos relativos á edición de 2022 de Euskaraldia mostran que dous terzos das persoas participantes nesta iniciativa mudaron algúns hábitos lingüísticos.

    Fonte: Gobierno Vasco

    20 de outubro de 2023

    A asociación Axuntar, que traballa a prol da normalización do galego de Asturias, creou os Premios Folgueira co obxectivo de recoñecer publicamente as persoas, institucións ou iniciativas que traballan pola dignificación desta lingua no Principado.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    20 de outubro de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega do Premio de Novela Manuel García Barros ao profesor Fernando Castro Paredes pola obra Entomoloxía para misioneiros.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    20 de outubro de 2023

    O Museu da Electricidade de Belém, en Lisboa, inaugura a exposición "A Língua Portuguesa em Nós" que aborda o potencial e diversidade da lingua portuguesa.

    Fonte: RTP

    20 de outubro de 2023

    O primeiro ministro de Romanía, Marcel Ciolacu, informou de que o Goberno de Ucraína recoñecerá a oficialidade do romanés entre a comunidade romanesa que vive no país eslavo.

    Fonte: Radio Free Europe

    19 de outubro de 2023

    Esta é unha das conclusións dos relatorios presentados na 25.ª edición dos Encontros para a Normalización Lingüística, que este ano estiveron centrados no ámbito socioeconómico.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    19 de outubro de 2023

    No marco do proxecto Mintzola, impulsado por Euskaltzaindia, varios especialistas presentaron en San Sebastián sete traballos de fin de grao e fin de mestrado, así como un traballo de investigación, todos eles premiados, nos que afondan nas claves da práctica oral en éuscaro.  

    19 de outubro de 2023

    O grupo de traballo que prepara os exames de Lingua Galega e Literatura da ABAU estableceu que as preguntas sobre a historia do galego se cingan a todo o posterior a 1981, cando se converteu en idioma oficial.

    Fonte: Galicia Confidencial

    19 de outubro de 2023

    O Goberno vasco e a Federación Guipuscoana de Fútbol organizan, dende 2021, os cursos da UEFA para adestradoras e adestradores en éuscaro. A formación nesta lingua é un dos piares do Plan para a promoción do éuscaro no deporte, no que se considera as persoas que conforman o corpo técnico como figuras de referencia para a mocidade.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder