Activistas tibetanos alertaron que o goberno chinés prohibiu o ensino da lingua tibetana nas escolas da provincia chinesa de Sichuan. Isto podería pór en risco a supervivencia da lingua en toda a rexión.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un acto institucional marcou a inauguración da Universidade de Linguas Indíxenas de México (ULIM, polas súas siglas en español) que permitirá recoñecer os dereitos lingüísticos dos pobos orixinarios e das súas comunidades.
Fonte: Gobierno de México
Esta é a relación de galardoados nos Premios da Cultura Galega 2023: «Ponte ...nas Ondas!», na categoría de Lingua; os cursos de verán «Galego sen Fronteiras», na categoría de Proxección Exterior; Yolanda Castaño, na categoría de Letras; o Museo do Gravado á Estampa Dixital, na categoría de Artes Visuais; PistaCatro, na categoría de Artes Escénicas; a banda de música Unión de Guláns, na categoría de Música; Portocabo, na categoría Audiovisual; e Eduardo Pardo de Guevara, na categoría de Patrimonio Cultural.
Os establecementos comerciais e hostaleiros poderán solicitar subvencións para diferentes actuacións (web, publicidade, rótulos, bolsas, tarxetas etc.), así como pedir axuda para realizar traducións ou correccións de textos breves.
Fonte: El Diario Vasco
O Hotel Acouga de Celanova caracterízase pola súa implicación coa divulgación da historia patrimonial e cultural da vila. Proba disto, é a creación do Premio de Poesía Acouga Casa dos Poetas, ao que deberán presentarse textos escritos en lingua galega.
Fonte: La Voz de Galicia
O Curso de Habilidades Comunicativas está dirixido ao alumnado que vai redactar ou defender en galego traballos académicos de curso, de fin de grao, de fin de mestrado ou teses.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Esta moción insta o Goberno balear, entre outras cuestións, a darlle prioridade ao catalán, como lingua propia do arquipélago, nas institucións públicas.
Fonte: La Vanguardia
Con motivo do balance do seguimento das cen medidas de promoción do catalán, anunciáronse as novidades, que afectan aos ámbitos do videoxogo, cunha convocatoria de subvencións, e o audiovisual, coa celebración dunhas xornadas de recoñecemento ao sector, así como unha actualización do espazo de aprendizaxe Parla.cat.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Nos últimos tres anos producíronse varias sentenzas xudiciais contrarias a convocatorias públicas de emprego polas esixencias de éuscaro. Así mesmo, o Tribunal Constitucional anulou un artigo da Lei vasca de institucións locais no que se avoga polo uso preferente desta lingua na documentación dos concellos.
Membros da corporación municipal de Ribeira e da Mesa pola Normalización Lingüística mantiveron unha reunión para realizar unha posta en común das necesidades e posibles vías de colaboración para a promoción do galego.
Fonte: Diario de Arousa
Boletín
Subscríbase ao boletín