Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de xaneiro de 2024

    Nos últimos catro anos pasouse en Galicia dos 2391 estudantes de portugués en 2019 aos 4638 neste curso 2023-2024 en ESO e Bacharelato, cifras ás que habería que engadir outros 1015 estudantes desta lingua en oito Escolas Oficiais de Idiomas.

    Fonte: Praza Pública

    22 de xaneiro de 2024

    Agalega, a maior plataforma dixital de contidos audiovisuais en galego, ofrece máis de 1400 contidos en aberto e gratuítos. Ademais, nace con dúas apps integradas: a app Xabarín, con contidos para a cativada; e a AGalegaAudio, con todos os servizos e canles da Radio Galega.

    Fonte: CRTVG

    19 de xaneiro de 2024

    A Academia Real das Artes e Ciencias dos Países Baixos (KNAW, polas súas siglas en neerlandés) alertou que o estudo do frisón está diminuíndo e isto podería afectar a supervivencia da segunda lingua oficial dos Países Baixos.

    Fonte: Research Professional News

    19 de xaneiro de 2024

    O escritor mozambicano Mia Couto e os brasileiros Itamar Vieira Júnior e Stênio Gardel integran a lista dos escritores nomeados para recibir o Premio Literario de Dublín, en Irlanda.

    Fonte: Portugal Pulse

    19 de xaneiro de 2024

    O Instituto de Estudos Baleáricos (IEB) retoma en Menorca a iniciativa «La llengua camina» cuxo obxectivo é fomentar o uso do catalán a través de excursións nas que se crean espazos de socialización para practicar esta lingua.

    Fonte: Gente

    19 de xaneiro de 2024

    Esta liña de axudas para 2024 está destinada á edición de libros de especial interese cultural ou de temas e xéneros pouco frecuentes en catalán ou aranés.

    Fonte: Xarxanet

    19 de xaneiro de 2024

    A Escola Galega de Administración Pública oferta en total vinte e sete cursos de linguaxe administrativa galega e tres de linguaxe xurídica galega (niveis medio e superior), todos na modalidade de teleformación.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    19 de xaneiro de 2024

    Estas axudas, que convoca a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, deben destinarse á compra de novidades editoriais en galego e á mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas municipais.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    19 de xaneiro de 2024

    O Parlamento de Estonia anunciou que o goberno do país báltico deixará de destinar fondos a escolas en lingua rusa para cumprir coa súa política educativa unificada en lingua estoniana.

    Fonte: The Kyiv Independent

    19 de xaneiro de 2024

    Na rexión autónoma de Mongolia Interior, o Goberno da China está promovendo iniciativas que avogan pola redución da lingua mongol nas institucións educativas a favor do chinés mandarín, así como unha política de asimilación étnica que podería pór en risco a supervivencia da lingua vernácula.

    Fonte: BNN

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder