Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de xaneiro de 2024

    Este recurso de inconstitucionalidade contra el decreto do Goberno do arquipélago que elimina o requisito de catalán da sanidade pública foi promovido pola Obra Cultural Balear e asinado por 50 deputados.

    Fonte: Diario de Mallorca

    18 de xaneiro de 2024

    Estes cursos de éuscaro para profesionais do comercio e a hostalería, que se imparten nos euskaltegis da cidade, teñen unha duración de 60 horas e un custo de 60 euros.  

    Fonte: Donostik

    18 de xaneiro de 2024

    Esta convocatoria de axudas, correspondentes ao ano 2024, están destinadas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    18 de xaneiro de 2024

    O programa de dinamización lingüística da Xunta «21 días co galego e +» bota a andar a súa VI edición cunha novidade principal, a incorporación dos centros de Educación Infantil como participantes.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    17 de xaneiro de 2024

    O Goberno do Quebec quere endurecer os requisitos de uso do francés para as empresas en consonancia co aprobado na Lei 96 sobre os usos da lingua francesa na provincia canadense.

    Fonte: Slator

    17 de xaneiro de 2024

    Unha campaña en liña solicita que o nome en galés do País de Gales, "Cymru", sexa a única forma oficial para denominar esta nación.

    Fonte: Time Out

    17 de xaneiro de 2024

    O STEI Intersindical demándalle á Consellería de Educación e Universidades un plan de choque para promover un maior uso do catalán no sistema educativo, ademais de subliñar a necesidade de colaborar con outras entidades para fomentar esta lingua.

    Fonte: Menorca al Día

    17 de xaneiro de 2024

    O programa «Ikusi eta Ikasi», que fai 21 anos, inclúe 60 actividades de ocio familiar en éuscaro destinadas a menores de 2 a 11 anos que chegarán aos diferentes distritos da cidade nos meses de febreiro e marzo.  

    Fonte: Ayuntamiento de Bilbao

    17 de xaneiro de 2024

    A Xunta de Galicia convoca axudas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    17 de xaneiro de 2024

    A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e a Residencia Literaria 1863 veñen de resolver a bolsa para a IV edición da Residencia Xacobeo para tradutores de literatura galega.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder